venres, 24 de novembro de 2023

Thanksgiving Day

 Boas amigos e amigas!

Onte foi o Día de Acción de Gracias, que se celebra o cuarto xoves de novembro en Estados Unidos. 

Por iso, fixemos un contacontos na biblioteca do noso cole coa nosa auxiliar de conversa. 

Gracias Marta!






O conto que lemos foi: Turkey trobule! 

Podedes imaxinar por qué ten problemas o pavo?

Magosto no pondal

 Boas amigos e amigas!

O pasado venres 17 celebramos o magosto no noso cole. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi o encargado de preparalo. 

Fixemos 3 obradoiros de arte: 

- Elaboración de animais de outono



- Elaboración de monicreques de outono:



- Decoración de follas



Os obradoiros leváronse a cabo en diferentes espacios do cole é un deles foi na nosa biblioteca, aínda que o mellor de todo isto foi que foron internivel. 

E como no, despois de desfrutar do arte comemos as nosas castañas e un rico choripán. 


Qué divertido o Magosto do Pondal!. 

Celebración Samaín

 Boas amigos e amigas!

Para os que non me coñecedes eu son Crocaio, a mascota da biblioteca do cole. 


Xa fai tempo que non me pasaba por aquí pero é que estivemos con tantas celebracións no noso cole que estiven desfrutando delas. 

Xa vos comentamos cales foron as nosas recomendacións lectoras para o Samaín pero o que non vos dixemos é que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que foi o encargado de organizar o Samaín, prepaou moitas cousas. Deixovos aquí un resumo do que fixemos:

SAMAÍN

Esta semana xa chegou a nosa biblio o libro das recetas que fixemos. 


Pasámolo de medo!

venres, 3 de novembro de 2023

SAMAÍN

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa rematamos esta semana chea de emocións queremos deixarvos por aquí cales foron as nosas recomendacións lectoras para este Samaín. 

Pasámolo de medo!



martes, 24 de outubro de 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLLIOTECA DO CURS0 2023-2024

Boas amigos e amigas! Hoxe por fin inauguramos a biblioteca do noso cole.



Reunímonos todos e todas na biblioteca e cada aula foi presentado a súa personaxe relacionada co proxecto deste ano: Galicia Máxica!
As personaxes protagonistas foron os Trasnos, a Coca, as Meigas, as Mouras, as Maruxainas, as Dríadas e os Lobishomes. 







Tamén repartimos as maletas viaxaeiras e os carnés de aulas, recibimos como agasallo unha caixa para cada aula e fixemos un mural conxunto. 





Foi unha mañá moi divertida!