O venres 28 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Houbo túnel do terror, decoracións feitas polas familias, moitos disfraces, doces e merendas monstruosas, manualidades, bailes e contacontos, esta vez feitos por varios mestres e mestras do cole. Ademais fixemos entrega dos premios ao concurso de curtas realizadas polos alumnos/as coas familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
mércores, 2 de novembro de 2022
Samaín 2022
xoves, 27 de outubro de 2022
Samaín
Unha pequena mostra dos títulos que temos na Bibliocracaio para desfrutar da lectura neste Samaín. E temos moitos máis! Vinde desfrutar destas historias cabuxiñas !
mércores, 26 de outubro de 2022
Día das bibliotecas. 24 de outubro.
Para celebrar o Día das Bibliotecas, propuxemos ao alumnado algúns xogos coa lingua. Adiviñas, rimas, pareados e cantarolas. Retos en equipo para desfrutar da lectura e desfrutar da nosa biblioteca.
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
A colección "Brujas" de Tea Stilton.
martes, 25 de outubro de 2022
Teatro de títeres
Lema das Bibliotecas Escolares de Galicia 2022.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023.
O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
luns, 24 de outubro de 2022
24 de outubro. Día das Bibliotecas.
O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas e este ano faise baixo o lema BiblioTEcuida.
As bibliotecas como espazos libres e abertos, que se preocupan por atender ás necesidades dos seus usuarios.
As bibliotecas como recursos para a formación, a aprendizaxe e a investigación.
As bibliotecas como espazos abertos á lectura. Unha lectura que entretén e que enriquece. Unha lectura que cura.
Bibliotecas espalladas por toda a nosa xeografía: bibliotecas nos coles, nas cidades, nas vilas; bibliotecas nos hospitais e nos centros peninteciarios; bibliotecas a pé de praia; bibliobuses; bibliotecas nos centros culturais e nas Asociacións de Veciños.
Benvidos á biblioterapia! Benvidos á biblioteca! Benvidos á Bibliocrocaio!
venres, 21 de outubro de 2022
MANUALIDADES E CABAZAS DE SAMAÍN.
Planazo para esta fin de semana!! Preparar unha manualidade ou unha cabaza para traer ao cole e conseguir unha ambientación xenial!!!