luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España e a súa VIII edición celébrase este ano 2022,  o 17 de outubro. 

Ilustración de Nuria Díaz.


Para celebralo organizamos unha tarefa na bibilioteca que nos permitiu desfrutar dalgunhas obras realizadas por mulleres que o alumnado ten a disposición no centro.  



  





















 


E para despedirnos, este extracto dunha obra de Paula Carballeira, que nos invita a reflexión dado os tempos que estamos a vivir. 

       "Houbo unha vez unha guerra.

       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

venres, 14 de outubro de 2022

CABUXAS

Ola cabuxiñas do Pondal.
Sempre é un bo día para desfrutar dos nosos montes. Por exemplo, da Serra do Galiñeiro. 
Mirade esta que ben o estar a pasar polas pedras do Galiñeiro!
Se ides desfrutar coma cabuxas polo Galiñeiro facédenolo saber!
Podedes desfrutar das vistas, dos sendeiros, das pedras, do merendeiro, de aire fresco !!!
Boa finde!


 


martes, 11 de outubro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

" Despistado", unha historía chea de tenrura. 







Outra historia de El Hematocrítico no seu particular bosque dos contos. 





As adiviñas sempre gustan aos peques!




Un libro que te guía para facer as túas maquillaxes. Unha paleta Snazaroo, uns pinceis e mans a obra!



O número 5 da colección Formigas. 

Un novo DVD cunha película para desfrutar en familia. 


Un libro con moitas ideas para facer os teus propios avións de papel. 




Un libro biográfico de Rosalía de Castro. 




Un libro para os amantes do origami. 



luns, 10 de outubro de 2022

LECTURAS INTER AULAS

Unha día a semana os grupos de cole xúntanse para facer a lectura da hora de ler de forma conxunta.

Este primeiro trimestre, 5º e 6º está indo a ler con 1º; 4º vai con 6º de Infantil e;  2º e 3º de primaria vai cos máis peques do cole, 4º e 5º de Infantil. 

Son momentos moi importantes para os peques que os agardan con ilusión, e con múltiples beneficios para os nenos e as nenas. 

Toca o timbre e piden 5 minutiños máis!










CONTACONTOS

Alumnos de 4º de Educación Primaria estiveron de xira polo cole presentando o seu grande espectáculo de títeres. E con grande éxito! Títeres, que por certo, elaboraron eles con axuda das familias.