venres, 20 de xaneiro de 2023

Momentos da biblioteca nos recreos.

Aos luns e aos xoves, e supervisado e organizado polo alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º, ábrese a biblioteca nos recreos, para lectura libre, préstamos de libros para casa, para xogar. Un espazo de diversión, coñecemento, de divulgación e de experimentación.











 

mércores, 18 de xaneiro de 2023

Novidades na biblioteca

 


Engadimos un título novo de Ariol que tiña varias desideratas dos alumnos. Unha colección que está gustando moito!


E engadimos outros dous titulos a nova sección da bilioteca para os máis maiores do cole e as familias. Cunha linguaxe cercana e clara,  con contidos esenciais, importantes, axeitados e oportunos. 




luns, 16 de xaneiro de 2023

Charlas interaulas. Animais de montaña.

 Este curso estamos levando a cabo con todo o alumnado un proxecto de investigación sobre as montañas, ao cal chamamos "Cabuxas do Pondal". 

Nesta ocasión, levamos a cabo charlas interaulas nas que cada grupo preparou unha exposición e presentación dun animal de montaña. Unha vez preparado, convidou aos outros cursos a ir visitar a súa clase para desfrutar dos resultados. Incrible a variedade de animais que tivemos, os formatos das presaentacións! Bo traballo! Foi mi interesante.