O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no noso centro o Día
Internacional da Paz. Para conmemorar este día, e dende a acción dinamizadora
da biblioteca, elaboramos entre todos os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal
un conto que leva por título: Malentendido en A-Marte.
Compartímolo con todos vós, coidamos que vos guste!
Con motivo do Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas, convidamos as lectoras e lectoras do CEIP Eduardo Pondal a viaxar pola Bibliocrocaio para gozar da lectura, de historias fascinantes e de momentos únicos e cheos de maxia.
Chega a época de Nadal e a nosa biblioteca énchese de ideas para celebrar esta data tan especial.
A Bibliocrocaio propuxo unha actividade na que os peques tiñan que demostrar toda a súa creatividade: deseñar e elaborar unha bóla de Nadal a modo de planeta. Queredes ver o resultado? Foi marabilloso.
Doutra banda, o noso andel de novidades de enchéuse de libros e películas que nos transportan a lugares e historias do Nadal cheas de encanto.
E como non, non podiamos deixar pasar estas datas sen recomendar algunhas lecturas fantásticas a través deste tríptico; a continuación, compartímolo convosco!
Compartimos con todos vos un Genially no que podedes visualizar os distintos experimentos científicos que fixemos durante o mes da ciencia no CEIP Eduardo Pondal. Foi unha experiencia fermosa onde aprendemos moitísimas causas e onde a sorpresa formou parte do noso día a día.
"Facía moito tempo que os animais desexaban saber a que sabía a lúa. Sería doce ou salgada? Tan só querían probar un pedaciño..."
Pois sí, os máis peques do cole tiveron a sorte de escoitar esta fermosa historia en Inglés e da man do noso auxiliar de conversa. Xa vedes o atentos que estaban e o moito que o disfrutaron!
O día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización das Nacións Unidas.
É un día para celebrar, para saír á rúa, para reivindicar, pero sobre todo para dar voz aos desexos de todas as persoas que padecen discapacidade. Nós, dende o CEIP Eduardo Pondal, quixemos recordar este día cuns traballiños feitos a partir do lema "Baixo o mesmo paraugas".
As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
Hoxe, 25 de novembro do 2021, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, e no CEIP Eduardo Pondal recordamos e fixemos actividades especiais para apoiar a todas esas mulleres que, como a gran Clementina, protagonista dun conto fermosísimo, sufren cada día esta lacra. Tamén comezamos a rotar a mochila violeta entre o voluntariado de biblioteca quen ademais nesta data decorou unha das portas do corredor con frases relaionadas coa temática.
Este xoves 25 de novembro celébrase en Estados Unidos o "Día de Acción de Gracias" e, dende o noso cole, os peques xa están a traballar coa mestra de Inglés e co auxiliar de conversa, cousiñas desta festividade.
Por aquí deixámosvos unha mostra dunha destas actividades cun libro moi especial: Turkey Trouble.
Por aquí deixamos un pequeno recordo deste día: o Día das Librerías.
Grazas a todas elas por ter tantos contos que nos deixan a cabeza chea de paxaros
Por aquí vos deixamos unhas imaxes das actividades feitas polos nenos e nenas de 5 anos para conmemorar esta data. Falaron das librerías que coñecían e as buscaron con Google Earth, despois atooparon imaxes delas. Fixérono de marabilla!
E temos a sorte deque esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais,senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender.
FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS, EN ESPECIAL DAS GALEGAS!
Neste día queremos recordar a grandes escritoras como María Canosa, Pilar Grande, Paula Carballeira, Ledicia Costas...
O 18 de outubro conmemórase o Día das Escritoras, data proposta pola Biblioteca Nacional de España, para facer visible o traballo das mulleres na literatura e combatir a discriminación que tamén sufren neste campo.
Compartimos con todos vós unha imaxe de Pakolas coa que se fai homenaxe a todas e cada unha delas.
Xa temos data para a apertura da nosa biblioteca! Este ano ven cargada de cousas alucinates, cheas de ciencia e de moita ficción. Estamos desexando que chegue o venres 22 de outubro para ensinarvos todo o que temos preparado para vos.
Este ano a nosa biblioteca abrirá as súas portas baixo o lema
A biblioteca escolar ten a palabra
Que importantes son as palabras, esas que forman a linguxe, que nos permiten abrir camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento... esas que nos permite SOÑAR!
BENVIDOS E BENVIDAS UN NOVO ANO MÁIS Á NOSA BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia enviou estas bolsas e diplomas para o noso voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria, pola súa labor de colaboración na Bibliocrocaio e a realización de actividades de animación á lectura dentro e fóra do noso colexio.
Moitas grazas polo voso traballo ao longo deste curso tan peculiar!!
O Premio ás mellores ilustracións infantís e xuvenís, Premio Nacional de Ilustración dende 2008, entrégase en España dende 1978.
A valenciana Victoria (Viví) Escrivá Palacios foi galardoada este xoves co Premio Nacional da Ilustración 2021, pola súa traxectoria de calidade gráfica, que comezou nos anos 70, e por adicar a súa enerxía e experiencia a loitar polos dereitos dos profesionais da ilustración, influíndo en xeracións de lectores.
Su libro Cuando Lía dibujó el mundo, fue seleccionado en el año 2000 como una de las 100 obras de literatura infantil españolas del siglo XX.
Esta semana o alumnado de 6º de primaria, tivo o encontro por webex co escritor Xavier Estévez, autor de Os camiños do vento, libro que traballaron este curso e do cal fixeran Club de lectura.
Argumento: Lucas e Sara regresan á literatura cunha nova historia sobre a amizade e sobre todo aquilo que tece os nosos soños. Comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio a ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.
Xavier Estévez falou da creación do libro, dos seus persoaxes, é a segunda novela cos mesmos persoaxes, da migración, da amizade...