luns, 7 de decembro de 2020

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Experimentamos e inventamos.

Como xa falamos nunha entrada anterior, o mes de novembro foi o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. 

O alumnado do noso colexio fixo ao longo dese mes diversos experimentos e inventos dos que deixamos algúns exemplos.






Reloxo de area


Circuito eléctrico


Submarino




             

Un magosto especial

Este trimestre non puidemos celebrar o noso magosto como nos cursos pasados, polo situación sanitaria. Non asamos castañas no patio, pero si que traballamos unidades didácticas sobre o outono e o magosto en colaboración co EDLG (equipo de dinamización da lingua galega).

Fixemos por aulas castiñeiros, que decoramos con castañas feitas con distintas técnicas plásticas. 







Vimos libros do outono





Aprendimos poemas e cantigas sobre as castañas.

domingo, 29 de novembro de 2020

25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Aquí vos deixamos o vídeo que gravamos no colexio coas nosas mans pintadas de violeta para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

Tamén vos amosamos as pancartas que elaboramos e que puxemos na entrada do colexio.










Comezamos a rotar a Mochila Viaxeira Violeta.








domingo, 22 de novembro de 2020

20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.

O venres día 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos/as Nenos/as.

Celébrase ese día por coincidir coa aprobación da Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas, na asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

Este día mundial recorda o dereito que teñen á saúde, educación, protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran.


O noso colexio celebrou este día con distintas actividades, partindo sempre do pensamento dos nenos e nenas de todo o mundo, relacionado co lema das bibliotecas escolares deste ano 

Xeografías lectoras da biblioteca escolar


Fixemos un percorrido xeográfico lendo situacións de nenos e nenas de distintas partes do mundo e falando dos dereitos que todos e todas deben ter.



Alumnado de 3º e 4º de primaria



O alumnado de 1º e 2º elaboraron este mural de dereitos.


Falamos dos dereitos, pero tamén comentamos os nosos deberes cos demais.



E o alumnado de infantil fixo uns banderíns con debuxos dos dereitos.






venres, 20 de novembro de 2020

Invéntate un conto con Rodari

Como xa comezamos a pór en marcha o noso proxecto deste curso sobre os inventos, INVENTOS DE CONTO, imos retomar unha entrada que fixemos no blog o curso pasado sobre Gianni Rodari. Ao final  propoñémovos unha actividade.

Como xa sabedes este ano celébrase  o centanario do seu nacemento. E relacionado co noso proxecto non podemos esquecernos deste mestre ao que tanto lle gustaba inventar contos. Gianni Rodari deixounos ideas estupendas e consellos para inventar coa imaxinación e o xogo historias e contos. 

Na Bibliocrocaio temos dous libros deste escritor, que adquirimos este curso, e que vos deixamos aquí para que vos animedes a ler algunha das súas historias ou poemas.




Como anticipo, e relacionado co noso proxecto deixámovos, un dos Cuentos por teléfono titulado:

Vamos a inventar los números




Para os máis pequenos tedes un vídeo do conto.


Crocaio, a nosa mascota da biblioteca, anímavos a inventar un conto empregando unha das técnicas de Rodari, o binomio fantástico, tedes que crear un conto usando a vosa imaxinación partindo de dúas palabras. Podedes acompañalo dalgún debuxo. Estas son as dúas palabras das que tedes que partir:

Crocaio e bicicleta

Animádeos a inventar un conto!


sábado, 14 de novembro de 2020

13 de novembro Día das Librarías

Este venres 13 de novembro celebramos o Día das Librarías, baixo o lema E ti, de que librería ves sendo?



Este ano 5º e 6º de primaria acercáronnos virtualmente a dúas librarías de Vigo.

5º de primaria investigou sobre a Libraría Solidaria Aida de Vigo.

Esta libraría vende libros doados moi económicos de segunda man. Cos beneficios financian proxectos de cooperación.








6º de primaria fixo unha entrevista a Gonzalo da libraría Cartabón de Vigo. Nesta libraría todos os anos mercamos libros para a nosa Bibliocrocaio. Gonzalo, o libreiro, leva 35 anos traballando nela e como di el:

 Cada día gústame máis, é a adicción de cada día

O alumnado de 6º de primaria fixo un traballo previo de elaboración de preguntas para a entrevista a Gonzalo. O día seguinte, a través da plataforma de videoconferencia Falemos da Xunta, fixéronlle a entrevista. O alumnado quedou encantado e moi agradecido por aceptar a invitación e participar nesta entrevista online. Foi unha experiencia moi gratificante.

Aquí vos deixamos un vídeo con fotos desta entrevista online e o pdf coas respostas de Gonzalo.