mércores, 27 de outubro de 2021
Recomendacións lectoras
sábado, 23 de outubro de 2021
Inauguración da Bibliocrocaio
Deixámosvos un pequeno vídeo cos momentos máis especiais da inauguración da nosa biblioteca o pasado venres. Esperamos que vos guste!
venres, 22 de outubro de 2021
Inauguración da Bibliocrocaio curso 2021-2022
Hoxe foi un día moi especial para todo o CEIP Eduardo Pondal, en especial, para Crocaio.
As portas da biblioteca do noso centro abriron hoxe dunha forma moi especial: aplausos, vídeos, sorpresas, risas e emoción.
Que comece a función!
luns, 18 de outubro de 2021
18 de outubro: Día das Escritoras
FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS, EN ESPECIAL DAS GALEGAS!
Neste día queremos recordar a grandes escritoras como María Canosa, Pilar Grande, Paula Carballeira, Ledicia Costas...
O 18 de outubro conmemórase o Día das Escritoras, data proposta pola Biblioteca Nacional de España, para facer visible o traballo das mulleres na literatura e combatir a discriminación que tamén sufren neste campo.martes, 5 de outubro de 2021
SORPRESA!
Xa temos data para a apertura da nosa biblioteca! Este ano ven cargada de cousas alucinates, cheas de ciencia e de moita ficción. Estamos desexando que chegue o venres 22 de outubro para ensinarvos todo o que temos preparado para vos.
ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS?
mércores, 15 de setembro de 2021
mércores, 8 de setembro de 2021
Un novo ano, unha nova proposta
Este ano a nosa biblioteca abrirá as súas portas baixo o lema
A biblioteca escolar ten a palabra
Que importantes son as palabras, esas que forman a linguxe, que nos permiten abrir camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento... esas que nos permite SOÑAR!
BENVIDOS E BENVIDAS UN NOVO ANO MÁIS Á NOSA BIBLIOTECA
mércores, 30 de xuño de 2021
Crocaio vos desexa feliz verán.
Este foi un curso especial, pero tod@s soubestes seguir adiante e adaptarse á nova situación.
Crocaio vos desexa feliz verán e vos deixa este vídeo con actividades que fixemos este curso.
Vémonos en setembro!
mércores, 23 de xuño de 2021
Libro colectivo "Inventos de conto"
Este ano, como en cursos pasados, fixemos o libro colectivo de todo o colexio sobre o proxecto anual da nosa Bibliocrocaio:
Inventos de conto
O próximo curso podedes velo con tranquilidade. Grazas a todo o alumnado e as súas familias pola súa colaboración.
sábado, 19 de xuño de 2021
Diplomas para o noso voluntariado da Bibliocrocaio
Bibliotecas Escolares de Galicia enviou estas bolsas e diplomas para o noso voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria, pola súa labor de colaboración na Bibliocrocaio e a realización de actividades de animación á lectura dentro e fóra do noso colexio.
Moitas grazas polo voso traballo ao longo deste curso tan peculiar!!
Voluntariado 5º de primaria
Premios Faro da Escola
Esta semana celebrouse a VI Edición Faro da Escola de Faro de Vigo, na que o noso colexio participou como en anos anteriores, recibindo tres premios.
Tedes máis información na web do colexio.
1º Premio á mellor portada.
1º Premio da Deputación de Pontevedra.
Viví Escrivá, Premio Nacional de Ilustración 2021
mércores, 9 de xuño de 2021
Encontro virtual co escritor Xavier Estévez
Esta semana o alumnado de 6º de primaria, tivo o encontro por webex co escritor Xavier Estévez, autor de Os camiños do vento, libro que traballaron este curso e do cal fixeran Club de lectura.
Argumento: Lucas e Sara regresan á literatura cunha nova historia sobre a amizade e sobre todo aquilo que tece os nosos soños. Comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio a ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.
sábado, 5 de xuño de 2021
Inventos ecolóxicos
Ao longo deste curso traballamos, investigamos, buscamos información, elaboramos manualidades... en torno ao proxecto deste ano sobre os inventos.
Inventos de conto
Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, queremos deixar algúns exemplos de inventos feitos polo noso alumnado con materiais reciclados.
5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente
Hoxe día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
O 5 de xuño de 1974, a Organización de Naciones Unidas (ONU) organizó a primeira gran conferencia de su historia sobre medio ambiente cunha loita ecoloxista. Tres anos máis tarde a ONU nomeou o día 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. Esta data convertiuse nun símbolo ecoloxista. Cada ano celébrase baixo un lema diferente que reivindique problemas e solucións frente á emerxencia climática: desertización, deshielo, consumo sostible, economía verde... e un país é o anfitrión do evento. Este ano é Pakistán, que fixo un gran esforzo para reforestar e que planea plantar 10.000 millóns de árbores nos próximos cinco anos.
O Día Mundial do Medio Ambiente 2021 céntrase na restauración dos ecosistemas baixo o lema "Xeración Restauración: reimaxina, recrea, restaura"
ONU Medioambiente publicou esta guía práctica onde explica como podemos contribuír para restaurar o planeta. Pinchade no manual.