mércores, 25 de marzo de 2020

Lecturas para estes días

Baía  Edicións vén de subir na rede, á súa páxina web,uns cantos enlaces para ler  gratuitamente algúns dos seus libros.
Unha axuda para levar mellor estes días na casa.
Facendo clic nas imaxes aparecerá o libro completo
e aquí queda o enlace á súa páxina web porque hai algún libro máis para poder descargar:

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

De 4 a 6 anos:




Para 7-8 anos:




De 9 a 11 anos:


Moitas grazas á Editorial Baía por esta iniciativa!


sábado, 21 de marzo de 2020

Día da Poesía



A UNESCO promove desde o ano 1999 celebrar o día 21 de marzo o día da POESÍA e anima a que cada un de nós escriba e suba ás redes poemas, os seus poemas favoritos.

O poeta favorito de Crocaio é FREDERICK, conto do italiano Leo Lionni, no que o rato Frederick non realiza o traballo coma os demais ratos senón que  recolle raios de sol para os días escuros do inverno...é un poeta.
A poesía na Biblio Crocaio:









"Dicen que el río está sucio 

 la trucha, el barbo y el lucio.

  Dicen que habría que hacer algo

 la trucha, el lucio y el barbo. 

Pero nadie los escucha 

       al barbo, al lucio, a la trucha..."

 Nono Granero :Tarde en el acuario.


Canto sabes da poeta galega Rosalía de Castro? 
Xoga con este LIM e verás como estás ao día!



martes, 17 de marzo de 2020

Coñecendo os monumentos de Vigo desde a casa

Moitos dos monumentos e esculturas que adornan a cidade de Vigo están relacionadas co mar, coa pesca, con personalidades marinas relevantes, con mariñeiros e mesmo con seres marinos; son realmente fermosas e algunhas incribles!!
Lembras algunha?
 Seguro que, polo menos, o Sireno que está na Porta do Sol. Con este xogo lembrarás outras que tes visto moitas veces, coñecerás a quen están adicadas e quen é o seu autor:


Un dos monumentos máis coñecidas é o do escritor francés Jules Verne, está no Náutico de Vigo e representa ao autor do libro Vinte mil leguas de viaxe submarina , e nestes momentos que non podemos saír da casa, a lectura é outra maneira de viaxar, aínda que sexa ao fondo do mar.




domingo, 15 de marzo de 2020

Días de Perros

Escribir un diario pode ser unha boa solución para pasar unhas horas entretidas, sobre todo cando temos que estar na casa e xa estamos fartos de tele e de videoxogos. E ler o que lle sucedeu a Greg nesta situación pode inspirar a túa escritura. Atrévete!



Crocaio está contigo nestes días, procurade  pasalo o mellor posible,  pensade que pronto volveremos a vernos, pero mentres hai miles de actividades entretidas, como estas dúas que vos ofrecemos.

domingo, 8 de marzo de 2020

Somos da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres

 A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que as pequenas accións  poden xerar grandes repercusións cara ao mundo igualitario que merecemos.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...


Aquí tedes algunha das actividades desenvolvidas polo 8M :

sábado, 29 de febreiro de 2020

8 de marzo : Día Internacional da Muller

O 8 de marzo é o "Día Internacional da Muller". 
Celébrase para lembrar os logros das mulleres ao longo da historia e para reflexionar sobre a súa situación actual.

Sabías que ata o ano 1933 as mulleres non tiveron dereito a votar?

Sabías que aínda hai moitas nenas que non poden ou non as deixan ir á escola?

Sabías que hai moitas mulleres que cobran menos que os homes polo mesmo traballo?

Sabías que na maioría das familias as tarefas da casa realízanas as mulleres?

Na actualidade existen leis e normas para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes pero aínda existen barreiras invisibles que impiden ou fan difícil esta igualdade.
Abre o libro dos Bolechas pola igualdade e reflexiona sobre o seu contido:


http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/unidadedidactica.pdf

Ao longo da historia houbo grandes mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia á cultura, ao arte etc..
É importante lembralas e coñecelas.Tres mulleres artistas para lembrar neste día:

A artista española  Paula Bonet, coñecémola a través de  Ana Termes, a pintora viguesa que nos ofreceu o obradoiro de igualdade na pintura:





Lembramos tamén á importantísima pintora surrealista galega que non é moi coñecida: MARUJA MALLO




Na Biblio tedes a súa biografía
Tamén podemos volver a ler nas aulas :





















https://igualdadyviolenciadegenero.carm.es/documents/202699/218388/Material+Infantil+y+Primaria+fichas+20215_150/91e17dca-9c35-4832-bc76-b69f7747f2ef


xoves, 27 de febreiro de 2020

O noso entroido mariñeiro

Comezamos recibindo na Biblio Crocaio o obradoiro dos Merdeiros, un antigo disfraz dos vigueses recuperado para o noso entroido máis popular, con carautas de cartón, chaleque de cores e faixa, levan unha vara longa e algunhas verduras na man para facer bromas que non debemos tomar a mal. Percorren as rúas do centro de Vigo os venres, domingo e mércores de entroido.

Continuamos cos mandados do meco que animaron a semana:


Por fin o gran día: desfile, postres de entroido e festa!





 O Capitn Haddock tamén asistiu:
E por suposto os pais e nais que desfilaron coa canción popular "Catro vellos mariñeiros"


Grazas pola vosa colaboración, familias !!

domingo, 9 de febreiro de 2020

O escritor e debuxante ANXO FARIÑA na BIBLIO CROCAIO



Sexto libro da saga Megatoxos no que o escritor fai vivir ao lector unha aventura na Ría de Vigo, mergullándose na súa historia e na súa lenda:
 O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias. . . Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio. Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Escritor e ilustrador, a súa obra contén fermosas ilustracións que el mesmo crea, xa que antes que escritor  Anxo Fariña é debuxante e ilustrador


Outros libros que vos gustarán son os da saga Megatoxos e ademais:




Moitas grazas Anxo pola túa fermosa dedicatoria no libro de firmas da Biblio e pola túa amena charla!