domingo, 13 de decembro de 2020

Novidades libros novembro na Bibliocrocaio

 

Quen inventou a escola?

Como sabedes a Bibliocrocaio está adscrita a varias revistas: Reportero Doc, Caracola e O Papagaio.  Seguindo co noso proxecto Inventos de conto, queremos achegarvos o último número da revista Caracola onde fala de: 

Quen inventou a escola?

Se queredes investigar ou saber sobre o tema non tedes máis que ir a solicitala á biblioteca.










xoves, 10 de decembro de 2020

10 de decembro Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Hoxe día 10 de decembro celébrase o Día Universal dos Dereitos Humanos.

Aquí tedes esta edición ilustrada por Yacine Ait Kaci (YAK). Pinchade no debuxo e utilizade os botóns para ver as páxinas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.



O ano pasado o cantante estadounidense Lenny Kravitz dirixiu o seu primeiro videoclip da canción Here to love, que loita contra o racismo e a xenofobia, reafirmando o principio universal que establece que "todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos"



Versión subtitulada:


Alumnado de 5º de primaria traballando os dereitos humanos.




Queremos deixarvos aquí uns libros da Bibliocrocaio que falan de respecto, amizade, dereitos, igualdade...










martes, 8 de decembro de 2020

Proposta Nadal familias

Comezamos o mes do Nadal e como todos os anos pedimos a vosa colaboración para facer en familia unha manualidade navideña, este ano relacionada cos inventos. O venres o alumnado levou para as súas casas a explicación do que podedes facer. 

Como recordatorio deixámola aquí tamén.


 

6 de decembro Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia

O día 6 celebrouse o Día da Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia.

A pasada semana conmemoramos ese día con distintas actividades, algúns fixeron bandeiras, viron un conto do Día da Constitución e un prexi do Estatuto de autonomía de Galicia... Neste último pódese ver gastronomía, bailes, música típica galega... resultou moi interesante.


(Cuento de la Constitución creado por Ana Martínez)


(Prezi do Estatuto de austonomía de Galicia creado por Carlos Mariño Prego)





Na aula de 4 e 5 anos, Hugo deunos a nosa primeira clase de baile galego, observamos e ata nos animamos a bailar unha muiñeira.

Día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade e Axenda 2030

O día 3 de decembro foi declarado Día Internacional das Persoas con Discapacidade. E quixemos lembrar un precioso conto de Charo Pita que aparece no folleto de Biblioteca Inclusiva titulado: 

O palacio das sete xanelas



E seguindo os obxectivos da axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable, queremos, como biblioteca, contribuír ao acceso e oportunidades para todos e todas e onde cada quen atope o seu lugar de maneira inclusiva reducindo as desigualdades. 



Dentro do catálogo de libros que ofrece a nosa Bibliocrocaio, deixamos dous títulos que mercamos este curso e que vos animamos a ler, relacionado coa biblioteca inclusiva. Lembrade que temos unha zona con libros específicos de biblioteca inclusiva