domingo, 7 de abril de 2019

PREPARAMOS A QUEDADA LITERARIA DE CASTRELOS EN MAIO

Música, os cursos que participaremos: Infantiles, 1º, 2º e 6º, levaremos aprendida esta canción para cantala con todos os coles que asisten:

Preparamos as lecturas para compartir

 Ao pé dos plátanos de Castrelos
Boceto do marcapáxinas

Pronto teremos o APADRIÑAMENTO LECTOR ,  O DÍA DO LIBRO, no que leremos contos uns a outros baixo as árbores do noso cole, así que ide preparando un contiño, ou dous si son curtos, para ler aos vosos compañeiros á volta das vacacións de Semana Santa
lector padrino from Angeles Saco López on Vimeo.

sábado, 6 de abril de 2019

Visita de Pablo Nogueira



                                      
O venres toca cambiar o libro e aquí   aparece   a aula de Geni facendo o cambio semanal coa Biblio xa decorada para recibir ao escritor Pablo Nogueira que nos veu a contar o seu libro Nube Branca.



PABLO CO SEU AMIGO O PROFE ALBERTO QUE SE ENCARGOU DA XESTIÓN DA VISITA E QUE ADEMAIS REALIZOU O PHOTOCALL CO QUE CADA NENO E NENA DE INFANTIL, 1º E 2º FIXO A SÚA FOTO.

Montaxes feitas  por A. Formoso.

A mochila violeta vai a 4º

María, de 4º curso, levou esta semana a Mochila Violeta despois de que xa pasara por 6º e 5º.
 Contén contos, banda deseñada, a película de Billy Elliot, biografías...todo relacionado co tema da igualdade, e vai circulando paralelamente ás Mochilas Viaxeiras polos cursos de Pimaria.

As mochilas levan unha libreta para facer os comentarios sobre o contido.Aquí tedes o comentario de Paula de 5º:
                            

mércores, 3 de abril de 2019

Educación para a igualdade

Educación sexual na aula de 6º:
Introducimos o tema cun libriño da Biblio Crocaio titulado Vermella que foi premio Fina Casalderrey  2018 de Literatura Infantil pola Igualdade:
"Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?"
de Sabela Losada Cortizas (Autor), Minia Regos Sanz (Ilustrador)
Despois de repartir o  xeneroso agasallo de Evax e de comentar na aula de 6º dúbidas sobre o tema, sempre podedes entrar na páxina seguinte e buscar resposta a aquelo que aínda non teñades claro

domingo, 31 de marzo de 2019

Visita do escritor Pablo Nogueira á Biblio Crocaio

 Xa temos o Photocall preparado para a visita do escritor Pablo Nogueira o próximo 5 de abril aos cursos de Infantil , 1º e 2º.
Pablo Nogueira coas ilustracións de Manuel Uhia publicou en Baía:
                  Nube branca quere ser astronauta
                                                            Un libriño para os máis pequenos.
 De xeito ameno os nenos e nenas que escoitan o conto participan da historia e son tamén protagonistas.
O libro ofrece actividades a medida que avanzamos na lectura, polo que resulta moi  axeitado para compartir en voz alta.



Muíños do río Pugariño en Chapela

O mércores 27 de marzo, realizamos a visita aos muíños do río Pugariño, en Chapela. 
Desde o cole e a través da Senda da Auga, senda do camiño de Santiago, fomos camiñando a observar os restos dos muíños que utilizaban os veciños de Chapela e arredores para moer o seu gran e que ao quedaren en desuso enchéronnos de lixo, foron un vertedeiro no medio do monte, porque alí ninguén os vía botar o lixo.
 Os veciños organizáronse para limpalos e sacaron toneladas de lixo de todo tipo, pero moito quedou prensado e introducido tan dentro da terra que non puideron con el e vai saíndo pouco a pouco coa erosión da auga do río e da chuvia, sobre todo plásticos, que moitos deles son fragmentos minúsculos que van directos aos estómagos dos peixes da nosa Ría de Vigo.

 

                                          
                                 
Fermoso espazo natural recuperado , intentemos que dure así moito tempo.
Lembrade: nunca tiremos lixo no monte, hai puntos limpos para facelo e personas que traballan para recollelo e reciclalo.

A Igualdade na Biblio Crocaio

No curso de 6º remata o "Obradoiro de Igualdade ", impartido durante toda a primaria por Elsa, a monitora especializada no tema, que vén a través da Consellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Un  excelente obradoiro teórico-práctico no que nenos e nenas reciben información moi valiosa de cara a enfrentar a vida con igualdade de xénero, intentando conseguir que homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.
Moitas grazas Elsa, pola túa profesionalidade ,entusiasmo e paciencia!
Carteis realizados polo alumnado de 6º con motivo do 8 de marzo
 
 
 
 

martes, 26 de marzo de 2019

Un día de Marzo








Unha biblioteca chea de vida!

Experimentando co forestal

Experiencia CSIC na Biblio Crocaio Biólogas do CSIC -Centro Superior de investigacións científicas achegaron a Ciencia á Biblio Crocaio facendo experimentos relacionados coa natureza e coas árbores, aos que asistiron alumnado de infantil e de primaria aos que deixaron manipular como si foran pequenos científicos:

xoves, 21 de marzo de 2019

A Primavera

 
 No afán por descubrirvos libros que esperten o amor pola natureza, Crocaio tráevos  hoxe un moi especial:
 O segredo de avó oso, da editorial Kalandraka, escrito por Pedro Mañas e ilustrado por Zuzanna Celej, ofrécenos un punto de vista particular sobre a chegada da primavera.