martes, 5 de novembro de 2019

Aprendemos sobre Darwin





O próximo día 7, o alumnado de 3º a 6º visitaremos o Museo do Mar, alí faremos o Itinerario Darwin acompañados polos monitores e monitoras que nos explicaránas claves mariñas da orixe da vida no planeta. Esta investigación levouna a cabo o científico DARWIN, por eso hoxe imos aprender algo sobre el. 

Tamén visitaremos o acuario e faremos un obradoiro de plástica no que elaboraremos unha réplica de fósil mariño.

 


xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN 2019



EXPOSICIÓN DE CABAZAS:
LECTURAS DE MEDO:

 

                                       REPOSTERÍA FEITA POLAS FAMILIAS:
                                                               DISFRACES:
                                                    MERENDA COMPARTIDA:
                                                              XOGOS:
E POLA TARDE COA  AMPA MOITO MÁIS!

xoves, 24 de outubro de 2019

24 de Outubro, Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES

No día das bibliotecas
Decía  o pedagogo italiano Francesco Tonucci:
"Un neno debería comezar a ler porque desexa ler, porque viviu a experiencia fascinante da escoita da lectura de libros que un adulto lle agasallou días e días"
A Bibliocrocaio está en obras e comezará a funcionar proximamente pero hoxe lembramos este día inaugurando os barcos que forman o mural do corredor para lembrarnos que o traballo do noso proxecto anual é o mar,tilulámolo:
                 "Mergúllate nun mar de contos"
Investigaremos sobre o noso mar, os peixes, os oficios, os barcos, a contaminación...e moito máis!
Aquí tedes aos máis pequenos facendo a botadura do barco que leva o nome do noso cole:







Libros para os máis pequenos:




Lámina para descargar e colorear:


luns, 21 de outubro de 2019

NAIS CONTADORAS

COMPARTIMOS DO BLOG DOS PEQUES A PRIMEIRA NAI CONTADORA QUE SE ANIMOU CON DOUS CONTOS DE MEDO:


Moitas grazas Cristina!
Agardamos máis mamis  ou papis, ou....que se animen!




luns, 7 de outubro de 2019

Biblioteca escolar: VIVEIRO DE CIDADANÍA

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 
"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. "





martes, 10 de setembro de 2019

Ola....
Resultado de imagen de dibujo de cocodrilo con mar
CROCAIO dávos a benvida a este novo curso escolar 2019-2020.
Estades preparados para bucear nos libros?
 Para pescar todo o que poidamos ata que as redes aguanten?
Para remar como un auténtico mariñeiro nas mates, na lingua, no inglés...

Botamos a andar un novo curso no que o noso mar será o tema arredor do que faremos moitas actividades
un mar de libros, un mar de contos....
Hai moitas frases feitas como estas que xa podedes ir debullando a ver ... cal mola máis.

Frases feitas e refráns galegos que gardan relación co mar.

Benvidos ao cole! Que teñades un magnífico curso!
e a dormir que mañá hai que madrugar....

mércores, 26 de xuño de 2019

Feliz verán!

Despois de tanto traballo, como podedes comprobar neste vídeo resumen das actividades da Biblio durante este curso, Crocaio quere desexarvos un moi feliz verán!!!
Ata setembro!
Ah! e non deixes de visitar os nosos xogos durante o verán!

mércores, 12 de xuño de 2019

Excursión ao Parque Natural da Barosa en Barro .Pontevedra

Fomos os mellores compañeiros, axudamos, fomos ordenados e tranquilos, compartimos unha xornada excepcional en plena natureza, recibimos unha explicación sobre os muiños, sobre os grans e as fariñas que moían os muiños do río Barosa e fixemos pan cun experto panadeiro e comunicador que soubo introducirnos con moita arte no mundo do pan con explicacións detalladas de xeitos e maneiras de facer , de antes e de agora, dende os boliños dos peregrinos ata a pizza voladora.

Tamén fixemos unha andaina circular á beira do río duns dous kilómetros de sendeiro coidado polo concello no que ás veces houbo que sortear algunha árbore caída ou algúns penedos, nada importante para o arriscado alumnado de primaria do noso cole.
E trouxemos un boliño  de pan de agasallo. Pasámolo moi ben!