luns, 4 de xuño de 2018
luns, 28 de maio de 2018
Entrega de premios FARO DA ESCOLA
Hoxe, no Parque de Castrelos, tivo lugar a entrega das nominacións aos mellores xornalistas de primaria que mostraron as súas dotes facendo o xornal FARO DA ESCOLA. Eramos moios centros e todos tiveron os seus agasallos por participar . Nós recollemos tres premios:
1º premio á mellos tira cómica
2º premio ao mellor artigo relacionado con Xerais: Visita de FRAN ALONSO
3º premio á mellor reportaxe sobre VITRASA
1º premio á mellos tira cómica
2º premio ao mellor artigo relacionado con Xerais: Visita de FRAN ALONSO
3º premio á mellor reportaxe sobre VITRASA
Noraboa!
venres, 25 de maio de 2018
mércores, 23 de maio de 2018
luns, 21 de maio de 2018
domingo, 20 de maio de 2018
Practica co GENIALLY
Canto sabes de.....VIAXES?
Crocaio andivo moito polo mundo adiante e quere saber si serías capaz de identificar o país no que se atopan estes marabillosos monumentos.
Unha axudiña para consultar
https://www.google.es
Anímate e repíteo ata que non teñas fallos!

xoves, 17 de maio de 2018
17 de maio DIA DAS LETRAS GALEGAS
martes, 15 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018:Mª VICTORIA MORENO
ESCOITADE A HISTORIA de Mª victoria Moreno e intentade contestar despois
escoita este interesante traballo sobre as linguas do mundo
http://www.touchcast.com/linguagalega/linguas_do_mundo
e agora si escoita e admira este baile en homenaxe a esta autora e a este día:
escoita este interesante traballo sobre as linguas do mundo
http://www.touchcast.com/linguagalega/linguas_do_mundo
e agora si escoita e admira este baile en homenaxe a esta autora e a este día:
sábado, 12 de maio de 2018
A nosa biblioteca: Biblio Crocaio
Para que nos coñezades mellor e vos animedes a colaborar con nós, agora que están circulando polas familias as enquisas que anualmente facemos con obxecto máis que nada informativo.
Como colaborar?
Visitándonos para levar libros ou audiovisuais en préstamo, como contadores ou contadoras de contos ao curso dos vosos fillos e fillas,
lendo con eles o libro que semanalmente levan,
coidando o material que emprestamos, que pertenece a todos, dándonos ideas sobre lecturas..
Como di o refrán "todo é empezar..."
Agardamos melloras para o próximo curso e con elas queremos traer máis vida e máis familias á Biblio! Xa vos iremos contando...

xoves, 10 de maio de 2018
Servando Barreiro na Biblio Crocaio
O músico Servando Barreiro virá ao cole mañá venres e ofrecerá dúas sesións.
A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.
A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.
mércores, 9 de maio de 2018
Enchemos o Parque de Castrelos de Contos
O día 8 de maio asistimos en Castrelos á Quinta quedada Literaria organizada por once colexios públicos coa axuda da Biblioteca neira Vilas e do Concello de Vigo.
Os voluntarios e voluntarias de lectura de sexto acompañaron aos máis pequenos do cole e unha vez alí buscaron aos seus grupos para facer a lectura dos contos que levaban preparados.
Despois leron individualmente e por último atravesamos os fermosos xardíns da Finca da Marquesa para escoitar os contos de Migallas e rematar así unha radiante mañá de convivencia de mestras, mestres, nenas e nenos e contadores de contos.
Encantounos. Repetiremos!!
Intercambiamos lecturas e marcapáxinas
Voluntarios de lecturas axudaron cos máis pequenos:
Escoitamos contacontos como Raquel Queizás:
Intercambiamos lecturas con nenos e nenas de outros coles:

luns, 30 de abril de 2018
As familias tamén contan!
Inauguramos as sesións de contacontos das familias coa mamá de Sara de 1º curso que hoxe visitou a Biblio Crocaio para contar a º e 2º:
NO tengo nada de sueño y NO QUIERO ir a dormir de Lauren Child da editorial Serrés
NO tengo nada de sueño y NO QUIERO ir a dormir de Lauren Child da editorial Serrés
Juan ten unha irmá pequena que se chama Tolola. Ás veces ten a difícil misión de deitala. Pero a Totola encántalle quedarse de pé ata tarde e imaxinar mil situacións disparatadas antes de asumir que ten que deitarse...
Un libro precioso como podes comprobar! Moitas grazas mami, podes volver cando queiras!
luns, 23 de abril de 2018
Padriños e madriñas lectores
Hoxe, 23 de abril celebramos o Día Mundial do LIBRO, na Hora de ler saímos ao sol a compartir unha lectura cos máis pequenos, con música das Maimiñas de fondo, limos contos e escoitámolos sentados libremente ao sol ou á sombra.
Ao rematar vimos o vídeo dos Book Tubers do Pondal, alumnado que recomenda libros que gustaron moito.
E rematamos cantando O libro máxico de Migallas.
sábado, 21 de abril de 2018
Preparamos o Día do Libro
Na parte inferior do mural deixamos un espacio que chamamos EXPRÉSATE para que os nenos e nenas escriban a resposta a
Cal foi un libro que che encantou? deixamos rotuladores de cores para que escriban.
-Faremos exposición de libros de viaxes e novidades .
Na HORA DE LER : Padriños e madriñas lectores, sairemos a ler ao aire libre, os maiores lerán por grupos aos pequenos.
Ao rematar xuntarémonos na Biblio Crocaio para
1.-Ver algunha representación dos contos xa contados polos Voluntarios a infantil.
2.-Lembraremos as partes dun libro (vídeo)e repartiremos o Boletín de lecturas recomendadas.
3.-Veremos o vídeo das recomendacións lectoras feito por todos os cursos.
4.-Repasamos a canción O libro máxico, de MIGALLAS xa que será a que levemos á Quedada literaria do día 8 de maio en Castrelos e poñeremos o vídeo do espectáculo de Migallas así titulado:
Montaxe feita coas fotos do apadriñamento lector de abil 2017:
xoves, 19 de abril de 2018
Pere Tobaruela visitou a BIBLIO CROCAIO
O escritor Pere Tobaruela, autor dos libros de FORMIGAS visitounos hoxe.Recibímolo na BiblioCrocaio o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º.
Contounos moitas anécdotas do seu traballo de escritor, fíxonos participar da súa charla e respondeu amablemante as preguntas que lle fixemos. O que máis nos chamou a arención foi que é de orixe catalán e que aprendeu a falar galego para poder falar cos seus veciños xa que vive nun pobo pequeno cerca de Santiago.
Díxonos que temos moita sorte de ter dúas linguas, porque sempre enriquecen os nosos coñecementos, el falounos algo en italiano e catalán.
Contounos un segredo: o FORMIGAS número 5 vai a suceder en COMPOSTELA.
Moitas grazas Pere pola túa amabilidade!!
OUTROS LIBROS DE PERE TOBARUELA ADEMAIS DE FORMIGAS:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)