Canto sabes de.....VIAXES? Crocaio andivo moito polo mundo adiante e quere saber si serías capaz de identificar o país no que se atopan estes marabillosos monumentos. Unha axudiña para consultar https://www.google.es Anímate e repíteo ata que non teñas fallos!
Para que nos coñezades mellor e vos animedes a colaborar con nós, agora que están circulando polas familias as enquisas que anualmente facemos con obxecto máis que nada informativo. Como colaborar? Visitándonos para levar libros ou audiovisuais en préstamo,como contadores ou contadoras de contos ao curso dos vosos fillose fillas, lendo con eles o libro que semanalmente levan, coidando o material que emprestamos, que pertenece a todos, dándonos ideas sobre lecturas.. Como di o refrán "todo é empezar..." Agardamos melloras para o próximo curso e con elas queremos traer máis vida e máis familias á Biblio! Xa vos iremos contando...
O músico Servando Barreiro virá ao cole mañá venres e ofrecerá dúas sesións. A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.