Para que nos coñezades mellor e vos animedes a colaborar con nós, agora que están circulando polas familias as enquisas que anualmente facemos con obxecto máis que nada informativo. Como colaborar? Visitándonos para levar libros ou audiovisuais en préstamo,como contadores ou contadoras de contos ao curso dos vosos fillose fillas, lendo con eles o libro que semanalmente levan, coidando o material que emprestamos, que pertenece a todos, dándonos ideas sobre lecturas.. Como di o refrán "todo é empezar..." Agardamos melloras para o próximo curso e con elas queremos traer máis vida e máis familias á Biblio! Xa vos iremos contando...
O músico Servando Barreiro virá ao cole mañá venres e ofrecerá dúas sesións. A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.
O día 8 de maio asistimos en Castrelos á Quinta quedada Literaria organizada por once colexios públicos coa axuda da Biblioteca neira Vilas e do Concello de Vigo. Os voluntarios e voluntarias de lectura de sexto acompañaron aos máis pequenos do cole e unha vez alí buscaron aos seus grupos para facer a lectura dos contos que levaban preparados. Despois leron individualmente e por último atravesamos os fermosos xardíns da Finca da Marquesa para escoitar os contos de Migallas e rematar así unha radiante mañá de convivencia de mestras, mestres, nenas e nenos e contadores de contos. Encantounos. Repetiremos!!
Intercambiamos lecturas e marcapáxinas
Voluntarios de lecturas axudaron cos máis pequenos:
Escoitamos contacontos como Raquel Queizás:
Intercambiamos lecturas con nenos e nenas de outros coles:
Inauguramos as sesións de contacontos das familias coa mamá de Sara de 1º curso que hoxe visitou a Biblio Crocaio para contar a º e 2º: NO tengo nada de sueño y NO QUIERO ir a dormirde Lauren Child da editorial Serrés
Juan ten unha irmá pequena que se chama Tolola. Ás veces ten a difícil misión de deitala. Pero a Totola encántalle quedarse de pé ata tarde e imaxinar mil situacións disparatadas antes de asumir que ten que deitarse...
Un libro precioso como podes comprobar!Moitas grazas mami, podes volver cando queiras!