domingo, 18 de marzo de 2018

Robótica e pensamento

 Asistentes á charla o ponente de robótica o día 14 de marzo na Biblio Crocaio.
Todo un éxito! O monitor que formou ao profesorado impartiu tamén unha charla para os pais e mais interesados e a asistencia, interés polo tema e atención foron excelentes!

 Espazo de robótica cos MBOT na Biblio Crocaio

Moitas grazas papis e mamis  polo voso interés por unha actividade que comeza a funcionar este ano.

Investigación sobre A emigración

luns, 12 de marzo de 2018

A golpe de luns!

 Hoxe iniciamos as actividades de Faro da escola e asistimos no auditorio Cidade de Vigo xunto con outros moitos coles, á presentación do programa FARO DA ESCOLA
Entre todos elaboramos unha entrevista a dous personaxes de actualidade:  o monologuista de Salceda de Caselas David Amor e  a actriz viguesa Celia Freijeiro, cada cole fíxolles unha pregunta á que moi amablemente responderon.
Un xornalista anotaba as respostas e o debuxante Luis Dávila facía as súas caricaturas a un tempo.
Angel e Pelayo preguntaron a David  a súa opinión sobre a igualdade de xénero no deporte.
A partir de agora toca o traballo de xornalistas nas aulas, para sacar adiante o noso FARO DA ESCOLA



MOCHILA VIOLETA EN QUINTO:


Anuncimos para o mércores 14 unha charla na BIBLIO CROCAIO para pais e nais que o desexen:

mércores, 7 de marzo de 2018

Voluntarios Lectores no CENTRO DE MAIORES AGARIMO

Hoxe o alumnado Voluntario na Biblio Crocaio visitamos o Centro de Maiores Agarimo da Avd. do Aeroporto, para realizar unha lectura de poemas de Rosalía de Castro e ler o conto  
Las princesas también se tiran pedos
Foi unha actividade moi interesante para todos. Compartimos lecturas e un ratiño de charla e despois visitamos as instalacións do centro acompañados polo seu amable persoal e polo seu director
.

domingo, 4 de marzo de 2018

8 de marzo Día Internacional da MULLER

O día Internacional da Muller,conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. 
En España o 8 de marzo ten tamén un significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior e igualdade de condicións que o home, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción publica. 
As cousas cambiaron moito desde entón pero a loita polas mesmas oportunidades para homes e mulleres continúa.
.........................
....................................