mércores, 7 de marzo de 2018

Voluntarios Lectores no CENTRO DE MAIORES AGARIMO

Hoxe o alumnado Voluntario na Biblio Crocaio visitamos o Centro de Maiores Agarimo da Avd. do Aeroporto, para realizar unha lectura de poemas de Rosalía de Castro e ler o conto  
Las princesas también se tiran pedos
Foi unha actividade moi interesante para todos. Compartimos lecturas e un ratiño de charla e despois visitamos as instalacións do centro acompañados polo seu amable persoal e polo seu director
.

domingo, 4 de marzo de 2018

8 de marzo Día Internacional da MULLER

O día Internacional da Muller,conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. 
En España o 8 de marzo ten tamén un significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior e igualdade de condicións que o home, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción publica. 
As cousas cambiaron moito desde entón pero a loita polas mesmas oportunidades para homes e mulleres continúa.
.........................
....................................

xoves, 1 de marzo de 2018

O escritor Anxo Moure visita a Biblio Crocaio



O escritor, contacontos, autor de "A xacia Luviñas", "O carballo con botas" visitou hoxe a Biblio Crocaio e fixonos disfrutar coas súas historias do Miño, da natureza, das árbores e dos animais.
Os nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º pasárono xenial!
Moitas grazas Anxo! 
Si lembrades, a cita era para onte, pero non puido saír da súa casa a causa da neve, xa que vive nun pequeno pobo de Lugo desde o que hoxe veu en autobús e despois subiu andando ata o cole porque, como moi bo ecoloxista que é, só se desplaza en transporte público!

Tedes máis información no blog dos peques



mércores, 28 de febreiro de 2018

Viaxamos a Italia cun postre típico: TIRAMISÚ

Un postre típico italiano, con axuda de Conchi Moreira a mamá de Javier de 6º curso.
Con ingredientes autenticamente italianos elaboramos onte no comedor do cole a receita do Tiramisú.
Nenos e nenas foron tomando nota dos ingredientes e da elaboración así como dos pequenos trucos que Conchi, moi amablemente, nos ía indicando.
 Elaboramos tamén unha porción cun biscoito sen gluten para un compañeiro de 5º que ten intolerancia a este compoñente da fariña.
Estivo un par de horas na neveira e despois dimos boa conta del!
Moitas grazas Conchi pola túa entrega e paciencia, repetiremos!!
                           
Atreverémonos con outras receitas de diferentes países!



luns, 26 de febreiro de 2018

Abrimos a fiestra a Rosalía

Os nenos e nenas de 1º curso tamén participaron da actividade Abride a Fiestra a Rosalía e copiaron cadansúa estrofa do poema Adios ríos adios fontes, que recitarán ás familias.

domingo, 25 de febreiro de 2018

O contacontos Anxo Moure visita o mércores a Bibliocrocaio

Asistiremos moi atentos a súa sesión de contos, participaremos con el na actividade e despois
 asinará os libros da Xacia Luviñas que leron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º cursos

Unha xacia triste,  xa que "...alguén ensuciara o río, alguén queimara o bosque..." conta Anxo Moure no seu conto marabilloso....


Xacia, según o dicionario de Xerais,  é un ser mitolóxico de figura humana, que habita nos pozos máis profundos dos ríos.
Segundo Anxo Moure no libro "A xacia Luviñas" dice que "...as xacias son mulleres peixe de auga doce e gústalles que os ríos estean limpos..."
Os xacios son evidentemente homes peixe de auga doce e tamén lles gusta que os ríos estén limpos.

Anxo Moure un home que leva loitando polos ríos toda a vida en Galicia...