venres, 12 de xaneiro de 2018

Visitamos o aeroporto de Peinador

Hoxe tocou dentro do noso proxecto das Viaxes visitar o aeroporto da nosa cidade: PEINADOR. Alí, a pesar da baixa temperatura, fomos moi ben recibidos e guías, bombeiros, conductor e mesmo o cetreiro que podedes ver no vídeo co seu falcón femia, fixeron un gran traballo para mostrarnos con entusiasmo o aeroporto e a misión de cada un deles alí.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Visita a exposición Pergameo Vindel

O martes día 9 de febreiro , os cursos de 5º e 6º visitamos o Museo do Mar, na Avenida Atlántida de Vigo para ver oa exposición do Pergameo Vindel que estará ata o mes de marzo. Estupenda visita guiada na que, despois de visitar por libre as diversas salas do museo, unha guía nos acompañou pola sala do pergameo e nos foi informando da historia dos obxectos medievais que, ademais do pergameo, forman a exposición.

luns, 8 de xaneiro de 2018

Visitamos o Museo do Mar para coñecer o PERGAMEO VINDEL

O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación  musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Hai máis de setecentos anos que estes trobadores crearon poesía en lingua galega, de aí o seu valor histórico e hoxe son considerados os pais da nosa literatura dos que outros poetas como Rosalía, Cunqueiro ou Bouza Brey colleron inspiración.




mércores, 20 de decembro de 2017

Onde andan os Reis magos na lingua de signos , interpretada por 5º e 6º:
https://drive.google.com/file/d/1LdPoOU1SYYXMDDccenqhLqIweHYUNWqH/view?usp=sharing

CROCAIO QUERE COMPARTIR CON VÓS OS MELLORES DESEXOS DE PAZ, ARMONÍA, SAÚDE E BOAS LECTURAS PARA ESTE NADAL E PARA O VINDEIRO ANO 2018!

LEMBRADE QUE Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro. E. Dikinson