luns, 8 de xaneiro de 2018

Visitamos o Museo do Mar para coñecer o PERGAMEO VINDEL

O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación  musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Hai máis de setecentos anos que estes trobadores crearon poesía en lingua galega, de aí o seu valor histórico e hoxe son considerados os pais da nosa literatura dos que outros poetas como Rosalía, Cunqueiro ou Bouza Brey colleron inspiración.




mércores, 20 de decembro de 2017

Onde andan os Reis magos na lingua de signos , interpretada por 5º e 6º:
https://drive.google.com/file/d/1LdPoOU1SYYXMDDccenqhLqIweHYUNWqH/view?usp=sharing

CROCAIO QUERE COMPARTIR CON VÓS OS MELLORES DESEXOS DE PAZ, ARMONÍA, SAÚDE E BOAS LECTURAS PARA ESTE NADAL E PARA O VINDEIRO ANO 2018!

LEMBRADE QUE Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro. E. Dikinson

Recomendacións para agasallar e ler en Nadal



Postais de todas as cidades do mundo en Nadal




 Moitas grazas a papis e mais pola vosa colaboración!

Campaña de Nadal

A Biblio Crocaio sumouse á iniciativa do Departamento de Normalización Lingüística de recollida de alimentos para os máis necesitados nestas datas de Nadal e intercambiar unha unidade  de alimento por un libro procedente do expurgo da biblioteca, libros usados e descatalogados pero non por iso menos interesantes. O resultado foi moi satisfactorio.
Moitas grazas a todos os que colaborastes!!

Os alimentos serán donados ao Banco de alimentos de Vigo mañá venres.

luns, 18 de decembro de 2017

Biblio Crocaio Solidaria


Martes 19: cambiamos un kilo por un libro
Campaña de solidariedade para recoller alimentos que donaremos ao Banco de Alimentos de Vigo.
Levaredes un libro  de agasallo todos os que traiades un kilo ou unha unidade de alimentos non perecedeiros.
Colabora tamén no Nadal cos que máis o necesitan!