martes, 28 de novembro de 2017
luns, 27 de novembro de 2017
Visita do poeta FRAN ALONSO
Fran Alonso despois da súa marabillosa charla sobre A POESÍA, na que leu versos dos seus libros e falou das palabras, a maxia , o silencio e a música como as catro patas da poesía, as palabras aumentan de tamaño como un globo cando facemos poesía...despois da súa charla prestouse amablemente a contestar as preguntas dos nenos e nenas e enterámonos de que ten un gato chamado Tormenta e un can chamado Nube, de que viaxou moito e fixo moitas fotos coas que despois ilustraría os seus libros, que estudou nun cole no que "non tivo tanta sorte coma nós" porque non deu con ningún profe que o achegara a libros interesantes e a súa formación en lectura veu máis tarde, animounos a escribir poesía e dixo que a fórmula para facer bos poemas é facer moitos.
Moitas grazas Fran, gústannos moito os teus poemas!
domingo, 26 de novembro de 2017
O poeta FRAN ALONSO visita o luns a BIBLIO CROCAIO
Por xentileza do programa Faro da Escola, este luns visitará a nosa biblioteca poeta galego FRAN ALONSO para falar do seu libro O meu gato é un poeta de edicións Xerais
"Leo par a vivir máis vidas que os gatos"
Fran Alonso naceu en Vigo en 1963, combina o seu traballo nunha editorial coa súa faceta de escritor e sobre todo poeta, ten multitude de obras publicadas, moitas delas de poesía:
No seu libro O meu gato é un poeta, fai poemas divertidos xogando coas palabras, coa imaxen dun gato que o acompaña ata o remate pero tratando temas coma o amor, o mar, as viaxes, a propia poesía...É un libro divertido para todas as idades porque a poesía cura todo, os nervios, a dor de cabeza, as perrenchas...
Fran Alonso propón ao lector que xogue coas palabras, que forme rimas e compoña versos, se vos atrevedes ....aínda estades a tempo de mercar o libro e traelo o luns para que o autor o asine.
Imaxes, palabras, rimas e xogos compoñen este libro divertido e fan que a poesía "como un globo azul que se incha " encha as palabras de significado e encha as aulas de versos...
Palabras
O
Esperanza
S
Í
AMOR
mércores, 22 de novembro de 2017
25 N Día Internacional contra la violencia de género
Cada ano morren ducias de mulleres a causa da violencia de xénero. Desde a escola e desde a familia debemos contribuir a erradicar esta cruel realidade educando en igualdade, respecto e resolución pacífica de conflictos. Desde moi novos deben compartir experiencias sen discriminación algunha.
Proposta de actividades:
Na honra das irmáns Mirabal, tres irmáns da República Dominicana asesinadas por ideas políticas en 1960, o 25 de Novembro foi declarado día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
MULLERES SOÑADORAS-ACTIVIDADE INTERACTIVA
CONTOS:
Curtas sobre valores, elixe as túas preferidas...
.compartido desde o blog da biblioteca do CEIP Vicente Otero Valcárcel
Proposta de actividades:
Na honra das irmáns Mirabal, tres irmáns da República Dominicana asesinadas por ideas políticas en 1960, o 25 de Novembro foi declarado día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
MULLERES SOÑADORAS-ACTIVIDADE INTERACTIVA
PUZZLES INTERACTIVOS MULLERES EXTRAORDINARIAS:
IGUALDADE DE XÉNERO E PROFESIÓNS:
CONTOS:
.compartido desde o blog da biblioteca do CEIP Vicente Otero Valcárcel
Obradoiro de igualdade: 2º, 4º e 6º cursos
A Biblio Crocaio acolleu hoxe o obradoiro:
Mulleres e homes xuntos damos un paso adiante pola igualdade: os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.
Reflexionamos sobre os avances en igualdade durante todo o século XX, desde 1900 ata hoxe, o voto da muller, a muller e a patria potestade , a muller na universidade , a separación por sexos na educación, as mulleres xuízas, pilotos de avión ou conductoras de autobuses e camións. Falamos dos estereotipos que temos que recoñecer para poder superar porque os homes tamén choran e as mulleres tamén son fortes, valientes e tenaces e porque non existen xoguetes de nenos e xoguetes de nenas , só xoguetes e rematamos con este vídeo
que aparece na páxina:
http://www.farmaceuticosmundi.org/farmamundi/index.php?opcion=noticias¬icia=1195
que nos alerta sobre as desigualdades sociais hoxendía.
Moitas grazas Elsa polo teu fabuloso Obradoiro de IGUALDADE.
Camiña con nós pola IGUALDADE
que nos ofrece a Concellería de Igualdade do Concello de vigoMulleres e homes xuntos damos un paso adiante pola igualdade: os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.
Reflexionamos sobre os avances en igualdade durante todo o século XX, desde 1900 ata hoxe, o voto da muller, a muller e a patria potestade , a muller na universidade , a separación por sexos na educación, as mulleres xuízas, pilotos de avión ou conductoras de autobuses e camións. Falamos dos estereotipos que temos que recoñecer para poder superar porque os homes tamén choran e as mulleres tamén son fortes, valientes e tenaces e porque non existen xoguetes de nenos e xoguetes de nenas , só xoguetes e rematamos con este vídeo
http://www.farmaceuticosmundi.org/farmamundi/index.php?opcion=noticias¬icia=1195
que nos alerta sobre as desigualdades sociais hoxendía.
Moitas grazas Elsa polo teu fabuloso Obradoiro de IGUALDADE.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)