domingo, 10 de setembro de 2017

Estades preparados para iniciar un novo curso?
Mañá comeza a nosa viaxe
Libros na maleta!
Lectura aventura!
Viaxamos polo mundo con Crocaio!
 Todo é ao fin unha viaxe, que comeza  e remata despois de vivir novas experiencias, a lectura é unha viaxe de aventuras, de descubrimentos que ao seu remate nos aporta  inquedanzas, emocións... son os souvenirs, lembranzas que se van engadindo á equipaxe da vida.
 Viaxar é unha experiencia que tamén se pode facer a través da lectura e que nos axudará a ampliar a nosa forma de ver o mundo.

 O tema das viaxes, viaxes no tempo, viaxes de vacacións, viaxes imaxinarios, viaxes a cidades e países importantes... será o  proxecto que levaremos a cabo este ano desde a Biblio Crocaio.


Vémonos mañá!

luns, 4 de setembro de 2017

E por que non un poema para darvos a Benvida a este novo curso escolar. Pois aí vai. 
É dun dos libros recomendados para ler neste verán e como non podía ser doutro xeito, o poema escollido, unha xoia,  fala da estación que axiña se achega: o outono. 
Versos da tarde laranxa de Ana Mª Fernández.
 Colección Árbore, ilustrado por María Ruiz Castelain, é un libro de poemas para nenas a partir de 8 anos.
                                                                   Días de outono:
Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos, 
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
marxes de erbedelos,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.
Nos días do outono,
tranquilos e moitos, 
hai cores nos campos, 
nas nubes, nos froitos.

                               Ana Mª Fernández



Erbedelos: érbedos, en castelán madroños, árbores das fresas.

Ide preparando as mochilas que xa falta pouquiño para comezar o curso 2017-2018

luns, 10 de xullo de 2017

xoves, 29 de xuño de 2017

Festival fin de curso, protagonista O CINE

A guitarra máxica

O proxecto anual do cinema propiciou que nos enbarcaramos na gravación dunha pequena curta cinematográfica e puxeramos en práctica os diferentes oficios que colaboran para facer unha película. 
Así tivemos director, vestuario, maquilladoras, axudantes de dirección, guionistas, luces, cámaras, montaxe, son.. Ah! e tamén actores e actrices.
 Este foi o resultado:

venres, 9 de xuño de 2017

Voluntarios en lectura!

Rematou, por este curso, o labor do alumnado Voluntario na Biblioteca, hoxe chegaron as camisetas e só nos queda agradecer o seu labor durante os recreos, axudando na ordenación da Biblio Crocaio, recollendo, colocando, aprendendo ao mesmo tempo e colaborando nun labor necesario para que todo funcione como debe. Moitas grazas rapaces e rapazas!

domingo, 28 de maio de 2017

A que sabe as lúa. As familias contan!

CHARLOT

 Charles Chaplin "ME LLAMO... CHARLES CHAPLIN" É UN LIBRO DE LUIS LUQUE E CARLES ARBAT DA EDITORIAL PARRAMON.

Conta a  biografía dun dos máis importantes e xeniais cómicos do século XX chamado Charles Chaplin. Foi un actor fantástico do cine mudo. As súas películas están cheas de sentimentos e de crítica.
Charlie Chaplin: The kid.
BIOGRAFÍA DE CHARLES CHAPLIN
Infancia difícil e pobre Charles Chaplin naceu o 16 de abril de 1889 en Lamberh, Londres, nunha humilde familia de actores. O seu  pai abandonounos moi pronto e a  súa mai sufría unha enfermidade mental e tivo que ser internada nun sanatorio en varias ocasións. A vida de Charles foi moi difícil, vivían pobremente e   tivo que empezar a actuar aos cinco anos para ganar unhas cantas moedas. A súa nai  ensinoulle  cómo ser un bon mimo
Charles Chaplin Actor xenial 
Charlie Chaplin e o seu irmán Sydney viviron en orfanatos durante anos. Cuando xa non os aceptaron, viveron na miseria actuando na rúa. Un golpe de sorte foi cando a Sydney o contrataron na compañía teatral de Fred Karno. Despois  tamén sería contratado Charlie. A partir de 1914 protagonizou unha multitude de películas do cine mudo.  Convertiuse no máis xenial actor do século XX.
Charlot,  foi un actor que humanizou o séptimo arte con emocións e sentimentos, con comedia e crítica. Nas  películas solía aparecer como un vagabundo cun pequeno bigote, uns grandes zapatos, un bombín e un bastón. DE http://rimasdecolores.blogspot.com.es/2014/05/me-llamo-charles-chaplin.html
PELÍCULAS DE CHARLES CHAPLIN
EL CHICO
EL GRAN DICTADOR
E MOITAS MÁIS

xoves, 25 de maio de 2017

Percorrido polo Vigo de JULIO VERNE

Guiados polo periodista do Faro de Vigo Eduardo Rolland, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo hoxe a ruta relacionada co Vigo de Julio Verne, desde a fortaleza do monte do Castro fomos baixando ata o Náutico onde rematou o noso percorrido na estatua de Julio Verne. Estupenda visita!


Para  ver esta fin de semana estas dúas películas sobre os libros de Julio Verne:

mércores, 24 de maio de 2017