luns, 4 de setembro de 2017

E por que non un poema para darvos a Benvida a este novo curso escolar. Pois aí vai. 
É dun dos libros recomendados para ler neste verán e como non podía ser doutro xeito, o poema escollido, unha xoia,  fala da estación que axiña se achega: o outono. 
Versos da tarde laranxa de Ana Mª Fernández.
 Colección Árbore, ilustrado por María Ruiz Castelain, é un libro de poemas para nenas a partir de 8 anos.
                                                                   Días de outono:
Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos, 
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
marxes de erbedelos,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.
Nos días do outono,
tranquilos e moitos, 
hai cores nos campos, 
nas nubes, nos froitos.

                               Ana Mª Fernández



Erbedelos: érbedos, en castelán madroños, árbores das fresas.

Ide preparando as mochilas que xa falta pouquiño para comezar o curso 2017-2018

luns, 10 de xullo de 2017

xoves, 29 de xuño de 2017

Festival fin de curso, protagonista O CINE

A guitarra máxica

O proxecto anual do cinema propiciou que nos enbarcaramos na gravación dunha pequena curta cinematográfica e puxeramos en práctica os diferentes oficios que colaboran para facer unha película. 
Así tivemos director, vestuario, maquilladoras, axudantes de dirección, guionistas, luces, cámaras, montaxe, son.. Ah! e tamén actores e actrices.
 Este foi o resultado: