O proxecto anual do cinema propiciou que nos enbarcaramos na gravación dunha pequena curta cinematográfica e puxeramos en práctica os diferentes oficios que colaboran para facer unha película. Así tivemos director, vestuario, maquilladoras, axudantes de dirección, guionistas, luces, cámaras, montaxe, son.. Ah! e tamén actores e actrices. Este foi o resultado:
Rematou, por este curso, o labor do alumnado Voluntario na Biblioteca, hoxe chegaron as camisetas e só nos queda agradecer o seu labor durante os recreos, axudando na ordenación da Biblio Crocaio, recollendo, colocando, aprendendo ao mesmo tempo e colaborando nun labor necesario para que todo funcione como debe. Moitas grazas rapaces e rapazas!