O proxecto anual do cinema propiciou que nos enbarcaramos na gravación dunha pequena curta cinematográfica e puxeramos en práctica os diferentes oficios que colaboran para facer unha película. Así tivemos director, vestuario, maquilladoras, axudantes de dirección, guionistas, luces, cámaras, montaxe, son.. Ah! e tamén actores e actrices. Este foi o resultado:
Rematou, por este curso, o labor do alumnado Voluntario na Biblioteca, hoxe chegaron as camisetas e só nos queda agradecer o seu labor durante os recreos, axudando na ordenación da Biblio Crocaio, recollendo, colocando, aprendendo ao mesmo tempo e colaborando nun labor necesario para que todo funcione como debe. Moitas grazas rapaces e rapazas!
Charles Chaplin "ME LLAMO... CHARLES CHAPLIN" É UN LIBRO DE LUIS LUQUE E CARLES ARBAT DA EDITORIAL PARRAMON.
Conta a biografía dun dos máis importantes e xeniais cómicos do século XX chamado Charles Chaplin. Foi un actor fantástico do cine mudo. As súas películas están cheas de sentimentos e de crítica.
Charlie Chaplin: The kid. BIOGRAFÍA DE CHARLES CHAPLIN Infancia difícil e pobre Charles Chaplin naceu o 16 de abril de 1889 en Lamberh, Londres, nunha humilde familia de actores. O seu pai abandonounos moi pronto e a súa mai sufría unha enfermidade mental e tivo que ser internada nun sanatorio en varias ocasións. A vida de Charles foi moi difícil, vivían pobremente e tivo que empezar a actuar aos cinco anos para ganar unhas cantas moedas. A súa nai ensinoulle cómo ser un bon mimo.
Charles Chaplin Actor xenial Charlie Chaplin e o seu irmán Sydney viviron en orfanatos durante anos. Cuando xa non os aceptaron, viveron na miseria actuando na rúa. Un golpe de sorte foi cando a Sydney o contrataron na compañía teatral de Fred Karno. Despois tamén sería contratado Charlie. A partir de 1914 protagonizou unha multitude de películas do cine mudo. Convertiuse no máis xenial actor do século XX.
Guiados polo periodista do Faro de Vigo Eduardo Rolland, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo hoxe a ruta relacionada co Vigo de Julio Verne, desde a fortaleza do monte do Castro fomos baixando ata o Náutico onde rematou o noso percorrido na estatua de Julio Verne.
Estupenda visita!
Para ver esta fin de semana estas dúas películas sobre os libros de Julio Verne:
Mañá martes terá lugar no Parque de Castrelos de Vigo a IV Quedada literariade colexios de Vigo para compartir lecturas e asistir a un espectáculo de música e contacontos.
Diptico vi quedada literaria 2017 de crocaio Compartiremos lecturas cos coles Chans Bembrive alumnado de 1º e 2º e co cole da Doblada os de 3º curso. Pasarémolo moi ben!
Montse, nai de Adriana de E. Infantil de tres anos, relatounos un divertido conto: "Felipe tiene gripe". Quedamos encantados, foi moi divertido. Ao final deunos un pequeno agasallo.
Acto de celebración das Letras Galegas na Biblio Crocaio:
5º : RAP : A galiña azul
2º e 3º : Representación do conto O peixe azul e laranxa
1º : A formiga esquiadora
Infantil 4 e 5: Rap Carlos Casares
6º Biografía en Power Point e lecturas
E para pechar o acto e lembrando que traballamos o proxecto do cine , vimos a curta : A última moeda, da escritora Fina Casalderrey, na que intervén como un dos actores o actual director da Editorial Galaxia Francosco Castro, e lembramos que Carlos Casares foi tamén director desa editorial.
Moito traballo feito nas aulas e marabillosa curta que tedes colgada nunha anterior entrada neste blog .