domingo, 15 de xaneiro de 2017

Outra muller escritora ocupa un sillón da Real Academia Galega da Lingua

A escritora galega Marilar Aleixandre ingresou onte na Real Academia Galega da Lingua da man doutra escritora galega importante como é Fina Casalderrey
Marilar aínda que naceu en Madrid, vive en Galicia desde 1973, e adoptou o galego como lingua de escritura.
 Estudiou Bioloxía e hoxe é catedrática da Universidade de Santiago onde traballa como mestra.
Podedes atopar na Biblio Crocaio: 



Ocupa o sillón que deixou vacante trala súa morte o escritor Neira Vilas.

sábado, 14 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

Aquí tedes un día calquera da nosa Hora de ler. O ambiente lector que se vive nunha boa parte de centros educativos galegos que puxeron a andar xa hai tempo a "hora de ler", un tempo para a lectura libre dentro do horario lectivo.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

CINE POLA PAZ, A IGUALDADE, A XUSTICIA: Binta e a gran idea

Esta semana e achegándonos ao Día escolar pola paz, comezaremos coa emotiva curtametraxe "Binta e a gran idea" de Javier Fesser, que veremos e reflexionaremos sobre o seu tema  nas aulas de Primaria.
Seguro que vos gusta e vos sorprende!!

Binta, unha nena africana de sete anos, conta a "gran idea do seu pai", pescador nunha pacífica aldea do Senegal, para mellorar o mundo. 
Curtametraxe financiada por UNICEF para mostrar distintas realidades que afectan á infancia.


martes, 3 de xaneiro de 2017

Azur e Asmar

Mentres non chegan aos Reis Magos podemos ir vendo algunha peli que nos faga reflexionar sobre a idea de intentar neste ano 2017 facer un mundo mellor, máis xusto,  con igualdade de oportunidades, con paz e traballo para todos, un mundo no que a colaboración, a axuda, as mans tendidas sexan realidade.
Por exemplo aquí tedes Azur e Asmar de Michael Ocelot

Dous nenos criados pola mesma muller como si foran irmáns, agora, adultos, convertíronse en rivais.

domingo, 18 de decembro de 2016

O Nadal no cine!

O tempo de Nadal nalgunhas películas.
 Fermosas esceas de Nadal con panxoliñas, neve, bo humor, e todo o que poidamos imaxinar de maxia e fantasía que o cine crea para nós.
Seleccionadas pola profe Inés para a Biblio Crocaio, para o noso proxecto do cine e para que disfrutedes con elas:

Un protagonista de cine: Rodolfo o reno!

Actividades de Nadal co cine como punto de partida

Xa é oficial!! 
Palabras de Caramelo / Words of Caramel nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Cortometraxe Documental.
Noraboa a Juan Antonio Moreno Amador e Silvia Venegas!!
E como non ao seu autor Gonzalo Moure, que visitou a Bibliocrocaiono ano 2014. Alegrámonos moito desta nominación , e aínda máis de que esta obriña da literatura infantil e xuvenil se convirta nunha curta cinematográfica.
Se queredes volver a ler ou ler por vez primeira o libro , aquí tedes o pdf coa obra completa, asegúrovos que vos vai gustar moito!
https://issuu.com/makingdoc3/docs/palabras_de_caramelo_dossier

Palabras de Caramelo (Making DOC, 2016) - Tráiler Oficial from Making DOC on Vimeo.

xoves, 15 de decembro de 2016

Apredemos de CINE!

Hora e media que se quedou curta , foi o tempo de charla do especialista en cine, director, actor e monitor de obradoiros sobre cine:Óscar, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos.
Comezamos  co cine mudo de Buster Keaton.
Sobre esceas deste actor foi contando  as distintas profesións que se precisan para facer unha película, coa axuda dos nenos e nenas falounos de perruquería, maquillaxe, efectos especiais, decoradores, cámaras,travelling, músicos, actores e actrices por suposto, e de outros máis descoñecidos e moi importantes como os montadores e os especialistas en esceas peligrosas.
Comezamos moi ben!



Seguimos con cine en branco e negro pero agora xa sonoro: Os Irmáns Marx:
Cómicos xeniais e surrealistas, as súas películas pasaron a formar parte da historia do cine:
-Sopa de ganso
-Una noche en la ópera
-Un día en las carreras

Aquí tedes unha das esceas inesquecibles de Una noche en la ópera na que podedes apreciar o seu disparatado humor:

A escea da carreira de cuádrigas da Película BEN -HUR 
(gañadora de 11 óscars) foi explicada con detalle: maquillaxe, especialistas, curiosidades...
E tamén, como non, falounos do cine de misterio de Alfred Hitchcock e vimos a secuencia na que os paxaros agardan a saída duns nenos e nenas da escola para atacarlles, os poderosos paxaros poderían cos humanos si realmente quixeran destruírnos.

Impresionounos a película dos paxaros, pero comprendimos que é só CINE! Moitas grazas Óscar pola estupenda charla!

3D para esta curta animada de Pixar que tamén ten de protagonistas aos paxaros:



venres, 2 de decembro de 2016

CULTURGAL: Pazo da Cultura de Pontevedra,2,3,4 de decembro.

Arranca esta edición o venres 2 co espectáculo inaugural de SondeSeu Orquestra Folk, que vén da man de Nalgures e con Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura como convidados. 

Espazo libro, espazo infantil, sala de exposicións , carpa para actuacións musicais, teatro, audiovisuais...

O sábado  A banda dos cueiros, Cousas de papá, Migallas: Canta connosco...

Domingo María Fumaça, obradoiro de xogos educativos, Barriga verde ....

E MOITO MÁIS... Consulta o programa e achégate a Pontevedra:


"O BO TRATO"

DÍA  INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Escolma de actividades realizadas :
Información e reflexión sobre a convivencia na escola e na sociedade:
Exposición de libros relacionados co tema:
Murais, Lectura e visionado da historia de Arturo e Clementina:

Exposicións dos traballos polos corredores e recunchos:

Videos:



Canción "Rap del buen trato"






mércores, 30 de novembro de 2016

Hoxe a Bibliocrocaio en Facebook e en Twiter con Ana Celia Vázquez, presentadora do Tempo da Galega

Portada de Facebook:



https://www.facebook.com/otempotvg


  1. Un verdadeiro pracer poder amosar os nosos traballos do tempo a Ana Celia. Moitas grazas pola visita e a clase maxistral.

  2. Volvemos ás aulas do de para falar das cousas da meteoroloxía co seu alumnado de 4º,5º e 6º de ESO