A escritora galega Marilar Aleixandre ingresou onte na Real Academia Galega da Lingua da man doutra escritora galega importante como é Fina Casalderrey
Marilar aínda que naceu en Madrid, vive en Galicia desde 1973, e adoptou o galego como lingua de escritura. Estudiou Bioloxía e hoxe é catedrática da Universidade de Santiago onde traballa como mestra. Podedes atopar na Biblio Crocaio:
Ocupa o sillón que deixou vacante trala súa morte o escritor Neira Vilas.
Aquí tedes un día calquera da nosa Hora de ler. O ambiente lector que se vive nunha boa parte de centros educativos galegos que puxeron a andar xa hai tempo a "hora de ler", un tempo para a lectura libre dentro do horario lectivo.
Esta semana e achegándonos ao Día escolar pola paz, comezaremos coa emotiva curtametraxe "Binta e a gran idea" de Javier Fesser, que veremos e reflexionaremos sobre o seu tema nas aulas de Primaria. Seguro que vos gusta e vos sorprende!! Binta, unha nena africana de sete anos, conta a "gran idea do seu pai", pescador nunha pacífica aldea do Senegal, para mellorar o mundo. Curtametraxe financiada por UNICEF para mostrar distintas realidades que afectan á infancia.
Mentres non chegan aos Reis Magos podemos ir vendo algunha peli que nos faga reflexionar sobre a idea de intentar neste ano 2017 facer un mundo mellor, máis xusto, con igualdade de oportunidades, con paz e traballo para todos, un mundo no que a colaboración, a axuda, as mans tendidas sexan realidade. Por exemplo aquí tedes Azur e Asmar de Michael Ocelot
Dous nenos criados pola mesma muller como si foran irmáns, agora, adultos, convertíronse en rivais.
O tempo de Nadal nalgunhas películas. Fermosas esceas de Nadal con panxoliñas, neve, bo humor, e todo o que poidamos imaxinar de maxia e fantasía que o cine crea para nós. Seleccionadas pola profe Inés para a Biblio Crocaio, para o noso proxecto do cine e para que disfrutedes con elas:
Xa é oficial!! Palabras de Caramelo / Words of Caramel nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Cortometraxe Documental. Noraboa a Juan Antonio Moreno Amador e Silvia Venegas!!
E como non ao seu autor Gonzalo Moure, que visitou a Bibliocrocaiono ano 2014. Alegrámonos moito desta nominación , e aínda máis de que esta obriña da literatura infantil e xuvenil se convirta nunha curta cinematográfica. Se queredes volver a ler ou ler por vez primeira o libro , aquí tedes o pdf coa obra completa, asegúrovos que vos vai gustar moito!
Hora e media que se quedou curta , foi o tempo de charla do especialista en cine, director, actor e monitor de obradoiros sobre cine:Óscar, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos. Comezamos co cine mudo de Buster Keaton. Sobre esceas deste actor foi contando as distintas profesións que se precisan para facer unha película, coa axuda dos nenos e nenas falounos de perruquería, maquillaxe, efectos especiais, decoradores, cámaras,travelling, músicos, actores e actrices por suposto, e de outros máis descoñecidos e moi importantes como os montadores e os especialistas en esceas peligrosas. Comezamos moi ben!
Arranca esta edición o venres 2 co espectáculo inaugural de SondeSeu Orquestra Folk, que vén da man de Nalgures e con Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura como convidados.
Espazo libro, espazo infantil, sala de exposicións , carpa para actuacións musicais, teatro, audiovisuais...
O sábado A banda dos cueiros, Cousas de papá, Migallas: Canta connosco...
Domingo María Fumaça, obradoiro de xogos educativos, Barriga verde ....
E MOITO MÁIS... Consulta o programa e achégate a Pontevedra:
A conmemoración deste día ten como obxectivos: Educar en igualdade como instrumento para previr todo tipo de violencia cara as mulleres, potenciando actitudes de respecto cara o feminino. Reflexionar sobre todos aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero
Vídeo para concienciar da importancia de quererse e
aceptarse como cada quen é.
Ensinar a nenas e nenos que
a verdadeira beleza é unha actitude e cada quen é fermosa
ou fermoso cando é auténtico.
Reflexionamos sobre o modelo
de beleza imposto, e sobre o que nos ensina o documento
visual sobre ser unha mesma / un mesmo.
Crocaio recomenda tamén esta fermosa película de 1995 dirixida por Alfonso Cuarón, nominada ao premio Óscar en 1996
Sara é unha pequena mimada que vive comodamente co seu pai , o capitán R.Crew, quen a chama agarimosamente "princesiña". Por mor dun destino fatal a pequena será despoxada dos seus privilexios. "A princesiña" conta unha historia de superación a pesar das dificultades, na que a amizade e a autoestima teñen moita importancia .
Martes 15 de diciembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
E por último Crocaio remata recomendándovos a divertida historia dunha raíña que ten moito traballo pero non esquece encher de bicos e agarimos aos máis pequenos.