Montse, nai de Adriana de E. Infantil de tres anos, relatounos un divertido conto: "Felipe tiene gripe". Quedamos encantados, foi moi divertido. Ao final deunos un pequeno agasallo.
Acto de celebración das Letras Galegas na Biblio Crocaio:
5º : RAP : A galiña azul
2º e 3º : Representación do conto O peixe azul e laranxa
1º : A formiga esquiadora
Infantil 4 e 5: Rap Carlos Casares
6º Biografía en Power Point e lecturas
E para pechar o acto e lembrando que traballamos o proxecto do cine , vimos a curta : A última moeda, da escritora Fina Casalderrey, na que intervén como un dos actores o actual director da Editorial Galaxia Francosco Castro, e lembramos que Carlos Casares foi tamén director desa editorial.
Moito traballo feito nas aulas e marabillosa curta que tedes colgada nunha anterior entrada neste blog .
ESCRITA E DIRIXIDA POLA ESCRITORA FINA CASALDERREY, QUE VISITOU A BIBLIO CROCAIO HAI UNS ANOS, CHEGOU ÁS REDES ESTA FERMOSA CURTA QUE VEREMOS NO ACTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: A ÚLTIMA MOEDA
O CINEMA GALEGO LEMBRA SEMPRE POR ESTE DÍA UNHA DAS SÚAS PRIMEIRAS CURTAS DO DIRECTOR, XA FALECIDO,CHANO PIÑEIRO:MAMASUNCIÓN
Montaxe con algúns dos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz, proxectada durante a homenaxe nacional que se lle tributou o sábado 30 de xuño de 2012 en Vigo. Edición a cargo de Eloy
Domínguez Serén.