O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, creado pola UNESCO co fin de protexer a lírica como importante vía de expresión para todas as linguas.
Crocaio convídavos a coñecer e disfrutar da poesía, a descubrir a tradición oral, para que saibades que a poesía está máis preto de vós do que pensades.
Este ano celébranse os cen anos do nacemento dunha excepcional poeta para nenos e maiores :
: ...Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas…”
Por eso queremos propoñervos unha actividade sobre a súa poesía
POEMAS DE PELÍCULA!
Na biblioteca, atoparedes negativos de película baleiros para que, os que queirades, copiedes unha pequeña estrofa de dous, tres o catro versos de Gloria Fuertes.
Por favor, ben escrito, repasado con rotulador negro e co nome da poeta posto. Tamén tedes que poñer o voso nome por detrás.
Soy alta; en la guerra llegué a pesar cuarenta kilos.
He estado al borde de la tuberculosis, al borde de la cárcel, al borde de la amistad, al borde del arte, al borde del suicidio, al borde de la misericordia, al borde de la envidia, al borde de la fama, al borde del amor, al borde de la playa, y, poco a poco, me fue dando sueño, y aquí estoy durmiendo al borde, al borde de despertar.
Actividade colaborativa proposta desde o Departamento de Normalización Lingüística do cole para dar valor ao noso: a nosa lingua e a nosa paisaxe. Busca a túa foto!
Actividades relacionadas co día da muller, 8 de Marzo. Día da Muller 2017
"Sempre houbo mulleres valientes e decididas que pensaron, imaxinaron e inventaron, que empuñaron a pluma, o pincel, a gubia ou o violonchelo para escribir, pintar, esculpir e facer música, pero casi todas foron empuxadas durante séculos ao esquecemento." Ángeles Caso. Las olvidadas.
Xogamos!
Reflexionamos para modificar costumes de desigualdade:
Animamos ás familias a que se acheguen a contar contos; xa o fixeron algunhas mamás con gran éxito o curso pasado, non tedes máis que achegarvos os venres na hora de ler, (12.00 h.) e teredes un público disposto e agradecido para escoitarvos. Tamén podedes coller un conto prestado na Biblio Crocaio para contalo. Moi fácil!