luns, 24 de outubro de 2016
mércores, 5 de outubro de 2016
Gran festa da Bibliocrocaio!
Ola amigas e amigos :
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é:
Veremos tamén a curtametraxe:
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é:
Biblioteca escolar : territorio das artes
Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...
A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!
Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.
Veremos tamén a curtametraxe:
Croaio anímavos a ler para
ser bos críticos e
aprender todo o posible!!
domingo, 2 de outubro de 2016
Minúsculos
Rebuscando na rede cine interesante para o noso proxecto, ademais do cine que podedes ver na páxina: http://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/proxecto-o-cine.html,
Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie:
"Minuscule" de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos, vai a gustar a pequenos e maiores.
http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/
Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie:
"Minuscule" de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos, vai a gustar a pequenos e maiores.
http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/
mércores, 28 de setembro de 2016
Pronto celebraremos o Día Das Bibliotecas
Fada da Lectura
(María Rosa Serdio)
Hai algún tempo
que, nesta escola,
está presente
voa que voa.
Vixía andeis,
conta os libros,
mira quen anda
polos pasillos.
Queda sentada
mentras ti entras,
le no teu libro
sin que o saibas.
Anda lixeira
e non ten présa.
Soña contigo,
baila na risa...
Inventa contos,
canta ¡e rapea!
Busca o silencio
na Biblioteca.
Ella é a raiña
de túa cultura.
Ela é a Fada
da Lectura.
martes, 13 de setembro de 2016
100 anos de Roald Dahl
O escritor Roald Dahl cumpliría hoxe 100 anos.
Desde aquí lembramos títulos como:
As bruxas
Matilda
Charlie e a fábrica de chocolate
A marabillosa medicina de Jorge
James e o melocotón xigante
O xigante bonachón
Case todos levados ao cine e lidos e relidos moitas veces, constatan que aínda segue de plena actualidade.
Libros de lectura que recomendamos e que non poderás deixar de ler ata rematalos porque son super entretidos e interesantes. Sempre o tema da infancia, nenos e nenas protagonistas envoltos en mil e unha aventuras.
luns, 12 de setembro de 2016
Así foi o primeiro día
Teremos como artistas invitados neste curso de cine a Carlos Casares, Maruja Mallo...entre outros!
Visitas de ex alumnos
Xogos nos recunchos
Os novos alumnos xa integrados
Disfrutamos do sol e dos amplios patios
Novo xoguete: a area!
E coma sempre...
Feliz curso a tod@s!
Visitas de ex alumnos
Xogos nos recunchos
Os novos alumnos xa integrados
Disfrutamos do sol e dos amplios patios
Novo xoguete: a area!
E coma sempre...
Feliz curso a tod@s!
martes, 6 de setembro de 2016
Un Pondal de película!!!
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Crocaio pegou un bo chimpo de ledicia porque a el gústalle moito o cine, e este vai ser o tema do noso Proxecto Documental Integrado deste curso 2016-2017.
Lecturas de cine! Lectores de película!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)