Xa está nas librarías dende este mes de outubro!!
Para tódalas idades!!
A editorial Kalandraka xunto con Migallas Teatro editaron o libro-disco “Pan de Millo”
O se u lanzamento contará ademais con presentacións en vilas e cidades galegas.
Magoia Bodega e Paulo Nogueira, profesores e membros do grupo musical Treixadura, son os responsables da produción musical. O ilustrador é Dani Padrón.
Personaxes, coma un piollo, unha pulga, ou un espantallo, historias dos nosos avós mesturadas con temas actuais, coma as actividades extraescolares; todas elas co fin de contribuír a falar máis e mellor a nosa lingua.
luns, 7 de outubro de 2013
venres, 4 de outubro de 2013
A BIBLIO CROCAIO pinta ben!!
Xa está en marcha o novo proxecto da Bibliocrocaio: A Pintura.
Durante este curso AS CORES encherán os corredores as aulas e a Biblioteca, pintaremos xogaremos con elas, seremos pintores de pincel e brocha, observaremos moitos cadros de pintores e pintoras recoñecidos e famosos en todo o mundo, comezando polos galegos dos que xa investigou Crocaio este verán :
Lugris, Seoane, Maruja Mallo, Leandro Lamas e Peteiro.
Pasarémolo xenial pintando!!
Hoxe nas clases de Plástica comezamos cos AUTORRETRATOS.
Despois de observar a exposición do corredor comezamos os nosos, cos que decoraremos as paredes da entrada e da biblioteca .
Un deses autorretratos exposto é o do pintor universal Joan Miró que será obxecto dun traballo de investigación na aula de 4 e 5 anos.
Aquí tedes a historia do seu autorretrato:
En 1937, Miró empeza Autorretrato.

Miró só aplica algunhas cores diluidas e o debuxo encima.
En 1960 fixo unha revisión do cadro e para el pintar era buscar a síntesis extrema.
Miró
encarga unha copia do debuxo (visible nun segundo plano)e
sobre el , cun trazo groso, rápido, simplifica aquel rostro
turbulento.
A perfección para Miró era volver á infancia.
|
Joan Miró from aliciabecerrafermonselle
E para saber máis:
E falando de cores aquí tedes un xogo de LIM sobre AS CORES DA SAÚDE.
Disfrutádeo nesta fin de semana:
E para saber máis:
E falando de cores aquí tedes un xogo de LIM sobre AS CORES DA SAÚDE.
Disfrutádeo nesta fin de semana:
domingo, 29 de setembro de 2013
Outubro: mes das BIBLIOTECAS
Axiña chegará aos coles o cartel que a Consellería de Cultura, EOU edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) .
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca .
Aprender a
valorar a información que se atopa en internet con criterios de
credibilidade, veracidade, cientificidade, etc., é imprescindible para o
noso alumnado; identificar, por exemplo, a pseudociencia entre
a inxente cantidade de contidos audiovisuais que circulan por internet
resulta difícil (ás veces incluso para os adultos), pero só a
alfabetización mediática e informacional pode dotalos de recursos para
poder facelo.
A ilustración é
de PATRICIA CASTELAO.
domingo, 22 de setembro de 2013
Ven vindo outono dourado,,,
Preme neste cadro de outono do pintor impresionista francés Camille Pissarro e atoparás un entretitdo puzzle:
Ven vindo outono dourado
coa túa frautiña de vento
e o teu pantalón mollado.
Brinca no medio dos montes
co arrecendo no pelo
das espigas e das fontes.
Cóllelle a dianteira ao frío
acastañando nas cores
da beira do río.
Ven vindo, outono dourado,
cos petos cheos de noces
e de ourizos regañados.
Poema de Ana Mª Fernández
O pintor holandés Vicent Van Gogh tamén pintou moitos cadros co tema do outono.
Preme para facer o puzzle agora un pouco máis difícil:
E para os máis pequenos xogos de outono:

venres, 13 de setembro de 2013
A única revista en galego
O Xabarín Club foi un fito para varias xeracións.
Ese personaxe creado por Miguelanxo Prado
entrou nos fogares, a través da pantalla, para quedar nos ollos dos
maís novos da casa. Así se foi construíndo o club dos xabaríns.
Agora, aparece de novo o Xabarín con "Oink!”, a revista destinada aos nosos rapaces e rapazas, a única revista en galego.
Aí atoparán novas, reportaxes, pasatempos, música, seccións divulgativas, de entretemento e moita, moita banda deseñada, coa colaboración de Miguelanxo Prado, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chintocomandados por Kiko da Silva.

O seu prezo 3€, a súa periodicidade mensual.
xoves, 12 de setembro de 2013
En marcha!
Así foi o primeiro recreo do curso:
Tamén xogamos ao tres en raia, ás chapas, ao fútbol , a pillar...
Tamén xogamos ao tres en raia, ás chapas, ao fútbol , a pillar...
luns, 9 de setembro de 2013
Carlos Maside pintor galego
Mercado,óleo de Carlos Maside, podemos contemplálo no Museo de Castrelos en Vigo.
Como vedes xa comezamos a preparar o noso proxecto deste curso.
Tamén vos dámos a benvida, só queda un día para madrugar e comezar os trafegos diarios da escola.
Crocaio prepara moitas sorpresas!!!
Move xa un pouqiño a túa mente completando as figuras con pezas do Tan gram:
luns, 2 de setembro de 2013
mércores, 28 de agosto de 2013
martes, 23 de xullo de 2013
venres, 28 de xuño de 2013
Libro colectivo Sampaio: un barrio para ler e medrar. 2012 -2013
Así quedou o noso LIBRO COLECTIVO.
Resumen do proxecto anual sobre o noso Barrio.
O vindeiro curso percorrerá un por un todos os fogares para que o vexades detidamente.
Foi un fermoso traballo facer protagonista ao barrio de Sampaio de case todas as actividades do ano escolar.
Agradecemos desde aquí a colaboración desinteresada de pais, nais, empresas, conserxe, veciñas e veciños que colaboraron co centro para que as actividades tiveran un desenvolvemento satisfactorio.
Moitas grazas a todos e feliz verán .

mércores, 26 de xuño de 2013
Sons de Sampaio
Atención a este fermoso traballo, recoñecedes os sons?
Son os sons do noso barrio e as voces e debuxos dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil:
NA AULA DE EDUCACIÓN MUSICAL CADA NENO OU NENA COA AXUDA DA SÚA
FAMILIA ESCOLLEU CATRO SONS DO BARRIO, DEBUXOU E ESCRIBIU O SEU NOME E SON.
A partir desta proposta surxiu o conto coa axuda da profesora de música Inés Acuña.

luns, 17 de xuño de 2013
Así foi o proxecto do noso barrio
Nós vivimos aquí: SAMPAIO, un barrio para ler e medrar on PhotoPeach
domingo, 16 de xuño de 2013
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: VIGO ZOO e Monte Vixiador
Pasámolo xenial e xa vedes, sen ir moi lonxe, case no noso barrio temos un dos mellores parques zoolóxicos de Galicia:VIGO ZOO . (Buscade na súa páxina nas actividades que preparan para o verán: campamentos,inglés...)
Contamos con tres monitoras que repartiron 25 nenos e nenas cada unha e que nos explicaron con detalle todo o que viamos e tamén aclararon moitas dúbidas. Foron moi amables.
E despois fomos a xogar ao fabuloso Parque Forestal do Monte Vixiador, preparado para pasar un bo día de campo ou dar longas camiñadas polos seus sendeiros.
Alí atopamos entre outras cousas:
Foi unha xornada estupenda!!
mércores, 12 de xuño de 2013
Hoxe visitamos a Asociación de Veciños do noso barrio: Sampaio.
Coñecemos por dentro o edificio que vemos a diario, atendéronnos amablemente.
O presidente da asociación e Rosi , a persoa que atende a cafetería, explicáronnos todo moi ben.
Estivemos na súa Biblioteca, no salón de actos, no ximnasio... e por fin xogamos no parque.
Este é o noso parque a principios do curso:
Aquí xogamos nós: Parque de Sampaio on PhotoPeach
E así foi a nosa visita:
By Slide.ly - SlideShow Maker

martes, 11 de xuño de 2013
Abremente , o xogo que te fará pensar
Abremente é un libro de preguntas e respostas, con orixinal forma de abano, práctico e doado de trasladar . Fácil de usar, poden xogar solos, xa que as instruccións son moi sinxelass. As preguntas teñen a respuesta na folla seguiente.
Adaptadas ás habilidades de aprendizaxe de cada idade.
Para los más pequenos, as preguntas e respostas son en imáxenes fácilmente recoñecibles, e un personaxe va guiando o xogo.
Para os máis grandes, as preguntas e respostas están basadas en temáticas escolares, acompañadas de ilustracións a toda cor.
Estimula de forma divertida a intelixencia, o cerebro e a curiosidade.
sábado, 8 de xuño de 2013
Traemos do Blog dos peques esta verdadeira contacontos.
Sentada no sillón de contar da Bibliocrocaio, con só tres anos está moi cómoda contándolle aos compañeiros o conto de Luisa Aguilar: Orellas de Bolboreta,de Kalandraka.
Gústanos moito escoitala !
Mara, simplemente ten orellas grandes, e que?
E os seus libros están moi usados porque mil mans máis os acariñaron...

venres, 7 de xuño de 2013
Obradoiro de Pan a cargo de Javi e Mari, donos da Panadería "El Maíz" de Sampaio.
O xoves pasado, e por xentileza da nosa ANPA, dentro do proxecto de traballo que promeve a Biblio Crocaio sobre o barrio de Sampaio tivemos a inmensa sorte de que o noso panadeiro viñese ao cole a facernos un obradoiro de pan en dúas sesións!!!
Pasaron polo comedor do cole os nenos e nenas de E. Infantil que disfrutaron como nunca coas mans na fariña ou coas mans na masa. A inmensa paciencia e bo facer do panadeiro Javi e a súa dona Mari non rematarían con estes cativos porque despois do descanso do recreo repetiron o obradoiro para o primeiro ciclo.
Só tedes que mirar as súas caras para comprender o entusiasmo e atención que suscitou, fixeron un boliño, un donuts, unha trenza incrible e gardaron a masa para volver a traballala na casa, tamén levaron un boliño que traían xa feito.
O noso agradecemento a estes profesionais en todos os sentidos!!
Do Blog dos peques:
By Slide.ly - SlideShow Maker
«O Paraíso» é a pastelería de doña Remedios, nela fabrican con esmero auténticas delicias. Unha vez ao mes, edesde hai algún tempo, sempre acontece algo fatídico, provocando que parte das encargas acaben irremediablemente no lixo. Tal feito coincide coa visita do sobriño de doña Remedios, Luís, un neno curioso e inquedo.
Unha historia de Agustín Fernández Paz sobre unha pastelaría real que el coñeceu de neno e sobre a que moitos anos despois faría un libro.

martes, 4 de xuño de 2013
5 de Xuño Día mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente pretende ser unha garantía para preservar o planeta e que as persoas se comprometan coa protección dos animais e as plantas, cun uso razonable dos recursos da Terra, na reciclaxe e a reducción dos residuos.
Preme na imaxe e descubre 20 TIPS para coidar o planeta:
Preme na imaxe e descubre 20 TIPS para coidar o planeta:
Busca na BIBLIOCROCAIO:
XOGA
E agora a reciclar !
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)