mércores, 7 de marzo de 2012

8 de Marzo Día Internacional da Muller traballadora

O día 8 de marzo celebramos o Día da muller, conmemoramos a loita das mulleres pola participación na sociedade en igualdade cos homes, e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
 Desde a Bibliocrocaio recomendamos a lectura de ¿Quién ayuda en casa? de Ricardo Alcántara e Gusti.E aquí deixo a dirección para lelo en PDF:

 http://www.scribd.com/fullscreen/52098378

                         

Despois comentaremos o contido na aula.
 E ainda que as imaxes son antiguas  este fermoso video móstranos como traballaban as mulleres en Galicia e ainda seguimos traballando.




martes, 6 de marzo de 2012

As Meninas de Velázquez e as versións.

 Falando de Arte estes días, deixamos este Photo Peach para que vexades os collages das Meninas que fixeron os nenos e nenas de 6º e aprendades algo máis sobre elas.

        Un pouco de arte: AS MENINAS on PhotoPeach

sábado, 3 de marzo de 2012

La Gioconda ou Mona Lisa

A outra Gioconda

"La Gioconda é o cadro máis famoso que existe. De aí que ainda nunca foi tasado, si o fose, probablemente alcanzaría a cifra máis alta da historia do arte. Por eso, non é estraño que fose roubado do Museo do Louvre por Vicenzo Perrugia (pintor italiano) en 1911 ainda que apareceu dous anos máis tarde en Italia".
 Hai moito que aprender deste marabilloso cadro. O seguinte enlace conta de forma interesante e entretida as principais características  desta pintura.

                                      Gioconda de París
Déixovos as dúas imaxes. Cal vos gusta máis? VOTAMOS.
Gioconda de Madrid

venres, 2 de marzo de 2012

Salón do LIBRO de PONTEVEDRA

12+1 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
Do 4 ao 31 de marzo de 2012
Prezo: Entrada de balde á Sala de Exposicións

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O Salón do Libro segue a ser un espazo marabilloso, creado grazas a implicación de moitas persoa.

O tema deste ano é 12 + 1

O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletos: a figa, a pata de coello...; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado... coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira... con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro... e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!

Autor homenaxeado

O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención aparte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que fixo acreedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou dos seus maiores éxitos.
Está a piques de comezar o Salón 12+1. Crucemos os dedos!

O salón do libro xa está en facebook e twitter. Podes acceder dende a web www.salondolibro.org clicando no cartel:



Actividades
12:00, sábado, 03 de Marzo de 2012
13:00, luns, 05 de Marzo de 2012
18:30, luns, 05 de Marzo de 2012
11:30, martes, 06 de Marzo de 2012
17:00, martes, 06 de Marzo de 2012

mércores, 29 de febreiro de 2012

LIM sobre os XOgos Olímpicos

Ola rapaces e rapazas, estou de novo aquí, estiven traballando nun lim sobre os Xogos Olímpicos.
Seguro que vos gustará e aprenderedes moitas cousas!!

                  LIM : TODO sobre os XXOO

Mirade que divertida obra de teatro fixeron estes nenos e nenas de 5º co tema dos Xogos:


domingo, 26 de febreiro de 2012


Vén de publicar Kalandraka esta xoia de Antonio Rubio con ilustracións de David Pintor:
Almanaque musical: doce poemas, un para cada mes do ano, onde a música, incansable, acompañaranos nos cambios de estación. Ao final tedes unha lista de recomendacións musicais para acompañar a lectura dos versos: Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven...
Máis completo, imposible. O malo é que non podemos pechar os ollos para sentir a música porque non queremos perdernos nin un só detalle das magníficas ilustracións de David Pintor. E vós, que preferides?
 E PARA  OS MÁIS PEQUENOS:

venres, 24 de febreiro de 2012

"PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR" Contacontos Familiar de balde.

Este domingo tedes a oportunidade de desfrutar no Verbum cos vosos fillos, dun contacontos "Pepiña Maruxiña quere voar", no Verbum (Avda Samil, 17) as 18:00 horas, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.


ANIMÁDEVOS E DISFRUTAREDES!!!


mércores, 22 de febreiro de 2012

24 de febreiro día de ROSALÍA DE CASTRO

  • Este ano fanse os 175 anos do seu nacemento.
Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par en lingua galega e castelán.

Ler a súa obra é unha das mellores maneiras de renderlle homenaxe, ainda que a Asociación de Escritores en Lingua galega AELG quere que nos animemos a agasallar neste día un libro en lingua galega e unha flor.

Clica no libro e busca  Rosalía e a infancia para saber máis sobre esta poeta galega: 



martes, 21 de febreiro de 2012

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA 

O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, a das minorías por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.
A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural.

A lingua materna, aquela en que os nenos aprenden a falar, é, como dixo o poeta Manuel María, “a chave coa que abrimos o mundo”. A lingua primeira axuda a configurar, dende o afecto, a propia visión do mundo, ao tempo que a identidade individual e colectiva.

Clica no documento adxunto que figura abaixo e verás unha presentación en PDF sobre o Día Internacional da Lingua Materna .
    lingua_materna_2011.pdf