venres, 31 de outubro de 2008

Grazas, John



Moitas grazas John, tivemos a sorte de contar contigo nas actividades de inaguración da nosa biblioteca este curso. Cremos que o pasaches tan ben con nós coma nós contigo. Nunca te esqueceremos, por iso seguiremos en contacto contigo e os teus estudiantes. Seguro que Crocaio, a mascota da nosa biblioteca, algo tamén nos contará de ti e o teu pais

Bicos para os teus rapaces e rapazas de Sheffield de todos os bibliocolegas do noso colexio.


See you soon.

Hora de Ler


O vindeiro martes comezaremos coa hora de ler, co lema

LER DE MEDO. Todos disfrutaremos tódolos días coa lectura elixindo o que desexemos.


Será estupendo !

CROCAIO

venres, 24 de outubro de 2008

Saúdo e carta de CROCAIO

XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA DO
C.E.IP. EDUARDO PONDAL

Ola bibliocolegas!

Confeso que xa os botaba de menos. Canto me gusta escoitarvos cando por aquí estades, ollando, buscando e descubrindo. E iso que mo poñedes difícil, pillabáns e pillabanas que para que non me entere case nin ruído facedes. Xa sei! Xa sei! que aquí non se pode berrar nin molestar, por iso decidín quedarme aquí para sempre.

Aínda así entereime, nun dos meus paseos as agochadas, de que hai moitas novidades pola nosa biblioteca. Non tedes máis que ver para Crodila , É DE MEDO O QUE MEDROU! E xa con crías!. Teriades que vela como sentada nese trono máxico desfruta ensinándolles novos contos, historias e aventuras. E sempre que algún ocupa o seu lugar favorito quédase ao pendente e moi atenta para que nada se lle escape e así logo correr a contarllelo aos seus.

Otra novidade, moi ben non o sei, é algo que lle din HORA DE LER. Pregúntadellelo ás vosas mestras, creo que só se trata de iso de LER, case nada.

Tamén falaron de algo de bibliotequeiros e bibliotequeiras, seguro que ten que ver con vos.

Ademáis déixovos novos carnés, algunha carpetas e os puntos de lectura e o noso himno, que xa ten 100 anos, nun póster xigante por se algunha vez vos esquecedes de el.

Por último entereime que vos tocará aforrar.
Teredes libretas onde puntos gañar.

Trátase de que cada vez que participades nunha actividade

puntos gañaredes
e á vosa conta os sumaredes.

Logo, ao final, poderédelo gastar
nunha tenda “libreira”
que no cole haberá.
CROCAIO

un saÚdo lector

xoves, 23 de outubro de 2008

SABEDES A NOVA ?



Eu sei que aínda está que ferve o libro que editou Almudena Janeiro: CONTOS EN CANTOS, cun encanto especial. É un libro coeditado por PAI Música e OQO, cunhas músicas e letras moi variadas e preciosas.

Almudena está percorrendo diversas localidades galegas presentándoo en concertos, nos que todos disfrutamos.
Se bos tamén queredes pasalo ben podedes escoitar o cd ou cantar co o karaoke que acompaña ao libro.
Son contos con moito conto e con moito encanto aos que ela adicoulles unha canción, quen non se lembra da cabaciña que corre ou dun tal Paco Papán e así ata un total de 13 historias engaiolantes.

martes, 22 de abril de 2008

Xogo da pirámide

Sabes que alimentos debes xantar?

Se queres un desafío, xoga coa pirámide dos alimentos que Conchi Barreiro nos deixou como agasallo. Grazas Conchi!

Estade atentos porque a min e a Crodila, escurríansenos os alimentos... e é que as nosas patas aturúllanse co rato.

Esperamos que disfrutedes e que teñades máis sorte ca nós!

XOGA!!!

La Cocina Encuentada

Recoméndovos esta páxina, na que combínanse contos, receitas, e outras actividades, que deberiades ver e saborear por vós mesmos. Crodila e eu xa o fixemos!!!

MMmmmm....

domingo, 20 de abril de 2008

Carta de presentación de Crocaio na semana do libro

Cóntovos que esta semana e coincidindo que o 23 de abril é o día do Libro, seguro que sabedes porqué, temos grandes novidades.

Ademáis da exposición da biblioteca e dos pasillos do cole sobre a arte e a alimentación sá, está semana faremos un montón de cousas especiais, das que eu vos adiantarei polo menos dúas.
  • A PRIMEIRA: "Un libro e unha froita".
Durante toda a semana cada vez que levedes un préstamo do meu recuncho tamén recibiredes unha fresca e fermosa froita coa que vos podedes deleitar, aínda que non creo que vos gusten tanto coma min. Direivos que vin: amorodos, tanxarinas, mazás, nísperos, prátanos... QUE DIFÍCIL ELEXIR! Creo que á noitiña, e antes de que se adiante Crodila, probarei algunha.

  • A SEGUNDA: "A froita animada"

Ademáis de comelas gústame miralas. "QUE BONITIÑAS SON! " de modo que, se me traedes debuxos divertidos delas ou atopades algunha ilustración, podedes levar dous libros de préstamo no canto de un. Para animarvos ensínovos algunhas que atopei eu nunha noite de rolda pola biblioteca, seguro que hai moitas máis.

Prométovos que todos os debuxos que traides terán aquí o seu recunchiño.


Comunicámonos pronto. CROCAIO



luns, 7 de abril de 2008

ABRIL MES DO LIBROS
Preparádevos este venres...
A BIBLIOTECA VAI ESTAR QUÉ FERVE:
Teremos animais maxifantásticos.
Contacontos de alumnos e mestres.

xoves, 3 de abril de 2008

Preséntovos a CRODILA!





Supoño que xa coñecedes á miña amiga, Crodila.

Ela é moi fotoxénica,

e coqueta....

só hai que vela!



Canto lle gustaron os libros que trouxestes polo Nadal...(A MIN TAMÉN, linos todos!)

e... cantas fotos fixo grazas a todos vós!












Agasallos de libros no Nadal

Envieilles unha carta a todos os alumnos e alumnas do centro, para realizar unha exposición cos libros que recibiron no NADAL...esperade a ver que fixen mentras non mirabades...

mércores, 26 de marzo de 2008