mércores, 7 de marzo de 2012
martes, 6 de marzo de 2012
As Meninas de Velázquez e as versións.
Falando de Arte estes días, deixamos este Photo Peach para que vexades os collages das Meninas que fixeron os nenos e nenas de 6º e aprendades algo máis sobre elas.
Un pouco de arte: AS MENINAS on PhotoPeach
sábado, 3 de marzo de 2012
La Gioconda ou Mona Lisa
A outra Gioconda
Gioconda de París
Déixovos as dúas imaxes. Cal vos gusta máis? VOTAMOS.
"La Gioconda é o cadro máis famoso que existe. De aí que ainda nunca foi tasado, si o fose, probablemente alcanzaría a cifra máis alta da historia do arte. Por eso, non é estraño que fose roubado do Museo do Louvre por Vicenzo Perrugia (pintor italiano) en 1911 ainda que apareceu dous anos máis tarde en Italia".
Hai moito que aprender deste marabilloso cadro. O seguinte enlace conta de forma interesante e entretida as principais características desta pintura.
Gioconda de París
Déixovos as dúas imaxes. Cal vos gusta máis? VOTAMOS.
Gioconda de Madrid
venres, 2 de marzo de 2012
Salón do LIBRO de PONTEVEDRA
12+1 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
Do 4 ao 31 de marzo de 2012
Prezo: Entrada de balde á Sala de Exposicións
Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O Salón do Libro segue a ser un espazo marabilloso, creado grazas a implicación de moitas persoa.
A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletos: a figa, a pata de coello...; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado... coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira... con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro... e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!
Está a piques de comezar o Salón 12+1. Crucemos os dedos!
O tema deste ano é 12 + 1
O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
Autor homenaxeado
O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención aparte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que fixo acreedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou dos seus maiores éxitos.Está a piques de comezar o Salón 12+1. Crucemos os dedos!
O salón do libro xa está en facebook e twitter. Podes acceder dende a web www.salondolibro.org clicando no cartel:
Actividades
12:00, sábado, 03 de Marzo de 2012
11:00, domingo, 04 de Marzo de 2012
13:00, luns, 05 de Marzo de 2012
18:30, luns, 05 de Marzo de 2012
19:30, luns, 05 de Marzo de 2012
11:30, martes, 06 de Marzo de 2012
17:00, martes, 06 de Marzo de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)