venres, 3 de marzo de 2023
GAÑADORAS DO CONCURSO DE MINI RELATOS
sábado, 25 de febreiro de 2023
11 febreiro. Día Internacional da muller e a nena na ciencia.
Cristina Fernández González, oceanógrafa e doutora en ecoloxía de Fitoplancton, visitou a biblicrocaio, para falarnos das súas experiencias como investigadora, das súas expedicións oceanográficas, os seus mergullos, as visitas aos lobos de mar; tróuxonos vídeos e algunha sorpresiña máis feita a máis de 5.000 m de profundidade. Deixounos unha reflexión, a brecha de xénero que segue a existir no mundo profesional da ciencia e convidou ás nenas a que tiveran pulos e forza se a ciencia é o seu camiño.
mércores, 15 de febreiro de 2023
13 febreiro. Día Mundial da Radio.
Os maiores do cole celebraron o Día mundial da Radio, da mellor maneira posible: facendo radio en directo! Para iso foron ata as instalacións da Universidade de Vigo. Gazas aos integrantes de Ponte nas Ondas!
Aquí tendes o enlace para poder escoitar o seu traballo.
http://escolasnasondas.com/#1675871988065-063acf4a-cb3b
11 febreiro. Dia da muller e a nena na ciencia.
Froita e leite na escola
Estas semanas temos para os recreos froita e leite. Fixemos dítpticos, vídeos, fomos polas clases a divulgar as virtudes de todas as froitas que trouxemos, aprendimos sobre o proceso de elaboración do leite, e estamos a participar nos retos leitereiros.