mércores, 15 de febreiro de 2023

Charla Protectora Os Biosbardos

Hoxe, mércores 15 de febreiro, tivemos charla da Protectora Os Biosbardos. Foi unha charla na que as voluntarias que nos acompañaron amosaron o seu amor, respeto, e dedicación aos cans, cadelas, gatos e gatas ás que dedican o seu tempo e paixón de forma incondicional. Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado que de seguro deixou unh pegada.  Aquí tendes a súa páxina web por se vos apetece saber máis, aportar, acompañar ou divulgar. 
Moitísimas grazas pola vosa visita. 
 














mércores, 8 de febreiro de 2023

Día da ilustración.

 

E así están a quedar algúns dos traballos do alumnado para a celebración do Día da Ilustración de 2023! Artistas!







luns, 30 de xaneiro de 2023

Pilabot

Este curso sumámonos á campaña da Consellería de recollida de pilas. Estamos moi sorprendidos da enorme cantidade de material que estamos a recibir por parte da comunidade educativa. Tamén tivemos un obradoiro na bilioteca para o alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria sobre a importancia da reciclaxe destes materiais tan contaminates.






 

venres, 27 de xaneiro de 2023