martes, 25 de outubro de 2022

Lema das Bibliotecas Escolares de Galicia 2022.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. 

O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 Aquí tendes o enlace ao seu Instagram: nacu (@nacu.es) • Fotos y videos de Instagram


A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.

luns, 24 de outubro de 2022

24 de outubro. Día das Bibliotecas.

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas  e este ano faise baixo o lema  BiblioTEcuida.

As bibliotecas como espazos libres e abertos, que se preocupan por atender ás necesidades dos seus usuarios.  

As bibliotecas como recursos para a formación, a aprendizaxe e a investigación.

As bibliotecas como espazos abertos á lectura. Unha lectura que entretén e que enriquece. Unha lectura que cura.

Bibliotecas espalladas por toda a nosa xeografía: bibliotecas nos coles, nas cidades, nas vilas; bibliotecas nos hospitais e nos centros peninteciarios; bibliotecas  a pé de praia; bibliobuses; bibliotecas nos centros culturais e nas Asociacións de Veciños.

Benvidos á biblioterapia! Benvidos á biblioteca! Benvidos  á Bibliocrocaio!


venres, 21 de outubro de 2022

MANUALIDADES E CABAZAS DE SAMAÍN.

 Planazo para esta fin de semana!! Preparar unha manualidade ou unha cabaza para traer ao cole e conseguir unha ambientación xenial!!!


xoves, 20 de outubro de 2022

mércores, 19 de outubro de 2022

CONCURSO DE VÍDEOS CURTOS DE SAMAÍN

Convidamos a todas as familias do centro a participar no concurso de vídeos curtos de Samaín. Pode ser unha experiencia moi divertida en familia á vez que descubrimos as nosas dotes como directores/as, actrices, actores e guionistas!! O importante coma sempre, pasalo ben cos vosos peques!!!  



martes, 18 de outubro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

" Cociñando con Bolboretas no Bandullo", un libro de receitas coas que desfrutar de momentos en familia. 







Grazas a unha doazón xa dispoñemos no cole da colección "Princesas del Reino de Fantasía" de Tea Stilton que varias alumnos/as nos pediran. Aventuras a raudales!






" Brujas a la moda" . Os libros de bruxas modernas están de actualidade!!!