Como vos dixemos na anterior entrada, este luns Marta Castro, nai de Teo de 5 anos, contounos a historia que ela mesma escribiu.
"ONCE"
Moitas grazas Marta por este conto feito con tanto amor!
Como vos dixemos na anterior entrada, este luns Marta Castro, nai de Teo de 5 anos, contounos a historia que ela mesma escribiu.
"ONCE"
Moitas grazas Marta por este conto feito con tanto amor!
“ONCE”conta a historia dun grupo de amigos que deseñan e constrúen con ferramentas especiais un novo planeta
“ONCE” é unha historia de amor propio, esperanza e creatividade, un relato que reivindica a singularidade humana, o valor personal e a maxia da infancia.
Marta Castro Varela
Escritora de xénero, articulista e divulgadora de vida consciente
O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño coa participación de gobernos, empresas e cidadáns nun esforzo por abordar os máis apremiantes problemas ambientais.
Este ano, celébrase co tema "Unha soa terra", unha consigna que pide cambios profundos nas políticas e nas nosas decisións para permitir vidas máis limpas, ecolóxicas e sostibles en harmonía coa natureza.
No noso centro traballamos con numerosos contos que fan alusión aos aspectos mencionados anteriormente.
Ramón Caride naceu en Cea en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como mestre de Secundaria. é un escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio.
O pasado venres, 27 de maio, tivemos a sorte de contar coa súa visita no noso centro xa que durante todo o curso estivemos traballando con unha das súas fermosas obras: "As músicas viaxeiras".
"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"
O pasado venres día 20 de maio fixemos unha xornada de apadriñamento lector no CEIP Eduardo Pondal. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria encargouse de seleccionar libros cheos de historias fascinantes para contarllas aos demais cursos. Foi un momento fermoso onde todo o colexio fixo a mesma tarefa no mesmo lugar e co mesmo propósito: vivir unha auténtica aventura.
O Día das Letras Galegas celébrase en Galicia dende 1963 e escolleuse o 17 de maio en homenaxe ao día que se publicaron os "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro. No CEIP Eduardo Pondal puxemos en marcha a nosa radio para traballar esta data tan sinalada, facendo especial mención ao homeaxeado de este ano: Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria elaboraron uns podcast moi chulos simulando un programa de radio. A continuación compartímolos con todos vós.