sábado, 18 de xuño de 2022

ONCE de Marta Castro

Como vos dixemos na anterior entrada, este luns Marta Castro, nai de Teo de 5 anos, contounos a historia que ela mesma escribiu.

"ONCE"

Moitas grazas Marta por este conto feito con tanto amor!



Este é o conto manuscrito por ela





mércores, 8 de xuño de 2022

"ONCE"

O próximo luns teremos unha visita moi especial. Marta Castro, nai de Teo, alumno da aula de 5 anos, contaralles unha historia moi especial onde o protagonista será o propio alumnado.

"ONCE"

Aquí vos deixamos un adianto en palabras de Marta Castro

“ONCE”conta a historia dun grupo de amigos que deseñan e constrúen  con ferramentas especiais un novo planeta

“ONCE”  é unha historia de amor propio, esperanza e creatividade,  un relato que reivindica a singularidade humana, o valor personal e a maxia da infancia.

Marta Castro Varela

Escritora de xénero, articulista e divulgadora de vida consciente


                                                         Marta Castro Varela

domingo, 5 de xuño de 2022

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño coa participación de gobernos, empresas e cidadáns nun esforzo por abordar os máis apremiantes problemas ambientais.

Este ano, celébrase co tema "Unha soa terra", unha consigna que pide cambios profundos nas políticas e nas nosas decisións para permitir vidas máis limpas, ecolóxicas e sostibles en harmonía coa natureza.

No noso centro traballamos con numerosos contos que fan alusión aos aspectos mencionados anteriormente.


Por outra banda, o CEIP Eduardo Pondal cunha horta ecolóxica que emprega todo o alumnado e que hoxe máis, que nunca, ten moito sentido: Feliz día do Medio Ambiente.




luns, 30 de maio de 2022

Ramón Caride visita o CEIP Eduardo Pondal

 Ramón Caride naceu en Cea en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como mestre de Secundaria. é un escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. 

O pasado venres, 27 de maio, tivemos a sorte de contar coa súa visita no noso centro xa que durante todo o curso estivemos traballando con unha das súas fermosas obras: "As músicas viaxeiras". 





martes, 24 de maio de 2022

Apadriñamento lector

 "Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"

O pasado venres día 20 de maio fixemos unha xornada de apadriñamento lector no CEIP Eduardo Pondal. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria encargouse de seleccionar libros cheos de historias fascinantes para contarllas aos demais cursos. Foi un momento fermoso onde todo o colexio fixo a mesma tarefa no mesmo lugar e co mesmo propósito: vivir unha auténtica aventura.



mércores, 18 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

O Día das Letras Galegas celébrase en Galicia dende 1963 e escolleuse o 17 de maio en homenaxe ao día que se publicaron os "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro. No CEIP Eduardo Pondal puxemos en marcha a nosa radio para traballar esta data tan sinalada, facendo especial mención ao homeaxeado de este ano: Florencio Delgado Gurriarán. 

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria elaboraron uns podcast moi chulos simulando un programa de radio. A continuación compartímolos con todos vós.

Podcast 5º Educación Primaria

Podcast 6º Educación Primaria




sábado, 23 de abril de 2022

Recomendacións lectoras no Día do Libro

O venres, os nosos voluntarios lectores espertaron a nosa curiosidade con contos cheos de maxia e curiosidade. Xa sabemos que a lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevamos a soñar, así que agora toca elexir a cal queremos viaxar.



Voluntariado lector facendo recomendacións lectoras ao noso alumnado