domingo, 3 de abril de 2022

Voluntariado da Bibliocrocaio "Con-ciencia e ficción"

 Ao longo deste curso todas as aulas participaron de cheo no proxecto conxunto deste curso da Bibliocrocaio.

Con-ciencia e ficción

O voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria expuso nos corredores do colexio murais que compartiron co resto do colexio. Aquí vos deixamos dous, un do sistema solar e outro das fases da lúa.




domingo, 27 de marzo de 2022

Visita da escritora María Canosa

 Este venres tivemos a visita da escritora María Canosa, autora do libro As pombas de Bastián, recomendado para 3º e 4º de primaria no tríptico de Nadal.

O alumnado destes cursos leron e traballaron este libro na súa aula e o venres puideron recibir a escritora que despois dunha charla asinoulles os libros que trouxeron e tamén o libro de visitas da Bibliocrocaio.

María Canosa, escritora galega de literatura infantil e xuvenil é tamén inxenieira de camiños, canles e portos e participa en varios programas de concursos da Televisión de Galicia.









Na nosa biblioteca podedes disfrutar doutros libros de María Canosa.


venres, 25 de marzo de 2022

21 de marzo: Día da Poesía

O pasado luns 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e non hai mellor maneira de traballar este xénero que mediante a obra de Gloria Fuertes, considerada como a Poeta dos Nenos. 


Despois de investigar un pouco sobre a súa vida e obra traballamos co seguinte poema dela: 
¿cómo se dibuja un paisaje?


Por último debuxamos cada un a nosa paisaxe e fixemos un libriño con todas as nosa creacións para que os nosos compañeiros e compañeiras puidesen velas. 


Fíxose unha exposición con algunhas das obras poéticas que forman parte da nosa Bibliocrocaio... son marabillosas!


luns, 14 de marzo de 2022

Semana da prensa. Lembrando o noso Faro da Escola.

 Este ano lembramos a participación do colexio no Faro da Escola cunha pequena exposición dos periódicos elaborados polo alumnado nos cinco últimos cursos, nos que participaron o voluntariado de 5ºe 6ºde primaria como veteranos.








sábado, 12 de marzo de 2022

Visita do escritor O Hematocrítico

 O venres tivemos a visita do Hematocrítico, autor do libro Vaia cabuxiño, libro recomendado para infantil, primeiro e segundo de primaria no tríptico da guía lectora de Nadal.

O escritor falounos do libro e fixémoslle preguntas, tamén asinou o libro de visitas da nosa Bibliocrocaio e os libros que tiñan os alumnas e alumnos.

Na nosa biblioteca temos tamén outros libros do mesmo escritor. O Hematocrítico es Miguel López,  autor de outros libros infantís como Feliz feroz, Agente ricitos, El lobo con botas, Alcaldesa vermella...














8 de marzo Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Na entrada do colexio puxemos un buzón elaborado polo voluntariado de 5º e 6º da Bibliocrocario onde cada alumno e alumna introduciu unha postal de agradecemento a unha muller da súa familia. Tamén investigamos sobre mulleres de distintas épocas e outras actividades sobre mulleres das nosas vidas.














sábado, 26 de febreiro de 2022

Entroido 2022

Seguindo o proxecto deste curso Con-ciencia e ficción centrado no universo, o alumnado do noso colexio comezou a semana de entroido cumplindo as ordes do Meco relacionadas co tema e o venres tivemos a festa de Entroido chea de constelacións, extraterrestres, persoaxes de Star Wars, E.T....

Tamén vimos libros da biblioteca relacionados co entroido en Galicia.

Deixámosvos o vídeo do colexio, coordinado dende Normalización Linguística, cun resumo deste día.