Compartimos con todos vos un Genially no que podedes visualizar os distintos experimentos científicos que fixemos durante o mes da ciencia no CEIP Eduardo Pondal. Foi unha experiencia fermosa onde aprendemos moitísimas causas e onde a sorpresa formou parte do noso día a día.
"Facía moito tempo que os animais desexaban saber a que sabía a lúa. Sería doce ou salgada? Tan só querían probar un pedaciño..."
Pois sí, os máis peques do cole tiveron a sorte de escoitar esta fermosa historia en Inglés e da man do noso auxiliar de conversa. Xa vedes o atentos que estaban e o moito que o disfrutaron!
O día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización das Nacións Unidas.
É un día para celebrar, para saír á rúa, para reivindicar, pero sobre todo para dar voz aos desexos de todas as persoas que padecen discapacidade. Nós, dende o CEIP Eduardo Pondal, quixemos recordar este día cuns traballiños feitos a partir do lema "Baixo o mesmo paraugas".
As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
Hoxe, 25 de novembro do 2021, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, e no CEIP Eduardo Pondal recordamos e fixemos actividades especiais para apoiar a todas esas mulleres que, como a gran Clementina, protagonista dun conto fermosísimo, sufren cada día esta lacra. Tamén comezamos a rotar a mochila violeta entre o voluntariado de biblioteca quen ademais nesta data decorou unha das portas do corredor con frases relaionadas coa temática.
Este xoves 25 de novembro celébrase en Estados Unidos o "Día de Acción de Gracias" e, dende o noso cole, os peques xa están a traballar coa mestra de Inglés e co auxiliar de conversa, cousiñas desta festividade.
Por aquí deixámosvos unha mostra dunha destas actividades cun libro moi especial: Turkey Trouble.
Por aquí deixamos un pequeno recordo deste día: o Día das Librerías.
Grazas a todas elas por ter tantos contos que nos deixan a cabeza chea de paxaros
Por aquí vos deixamos unhas imaxes das actividades feitas polos nenos e nenas de 5 anos para conmemorar esta data. Falaron das librerías que coñecían e as buscaron con Google Earth, despois atooparon imaxes delas. Fixérono de marabilla!