Do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa.
O alumnado de educación infantil fíxolle unha entrevista a Rosa, quiosquera de Vigo durante 40 anos. Como non pode ser presencial, o alumnado preguntou dende a súa clase e ela respondeu ás preguntas que lle enviamos dende a súa casa. E este é o resultado.
Moitas grazas Rosa
poa túa amabilidade e colaboración!
Traballamos con periódicos e tamén con revistas de publicación periódica que temos na Bibliocrocaio, como Reportero Doc, Caracola e O Papagaio.
Decoramos o noso muíño dos inventos como quiosco
Quiosco O Muíño
Fixemos actividades para traballar noticias e partes dun periódico a través de varios enlaces de internet.
Como comentamos na entrada anterior, a actividade principal do colexio centrouse en que o alumnado fixera unha foto de mans de mulleres das súas familias. E acompañámolas dunha sorpresa musical.
O resultado foi maravilloso e tenro, deixámosvos o vídeo coas mans de muller que mandaron as familias do alumnado e o mural que fixemos. E como sorpresa musical temos a Patricia, que estivo como mestra en prácticas no noso colexio fai dous cursos, e que xunto a Cándido, o mestre de música, facían as delicias dos oíntes. O fondo musical deste vídeo é a voz de Patricia que interpreta a canción "Manos de mujeres" de Marta Gómez.
Grazas familias polas vosas tenras fotos!
Grazas Patricia pola túa preciosa voz!
O voluntariado de 6º de primaria fixo carteis con lemas referente a este día.
Ademais investigamos sobre a vida de mulleres famosas, como por exemplo en 4º de primaria.
Infantil falou do libro "Cuando las niñas viajan alto"
Mañá día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Para conmemorar esa data deixamos un par de propostas que estamos a facer para ese día.
Coa colaboración das familias e partindo da canción "Manos de mujeres" de Marta Gómez, facemos fotos de mans de mulleres das nosas familias. Na próxima entrada ao blog poderedes ver a montaxe con todas esas fotos, acompañadas dunha sorpresa musical.
Deixamos como adianto este bonita foto da familia de Eire de 4º de educación infantil.
Animádeos familias a seguir mandando fotos.
Marta Gómez é unha canta-autora colombiana que leva cantando desde os catro anos. Compositora de cancións con un profundo contido social e humano. A reivindicación da muller é un tema que aparece moito nas súas creacións.
Tamén tedes na Bibliocrocaio libros para traballar neste día. Estes son algúns dos que podedes levar.
Deixamos aquí dous dos vídeos de contos que o voluntariado de 6º de primaria fixo para o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria; aínda que claro está podedes velos tod@s, non hai límite de idade.
Xa sabedes que debido á situación sanitaria non podemos mezclar alumnado de distintas aulas, e non pode vir o voluntariado de forma presencial a contar os contos aos cursos baixos. Polo tanto os contos do voluntariado os vemos de forma virtual nas nosas aulas.
Esperamos que vos gusten.
A QUE SABE A LÚA?
Por María e Yanira
MONSTRUO ROSA
Por Eduardo e Luis
Alumnado de infantil vendo na pantalla contos elaborados polo voluntariado.
Voluntariado de 5º de primaria, tras o lavado con gel hidroalcohólico, ordenando a biblioteca, colocando libros despois da cuarentena, revisando estanterías...
Como xa vos comentamos na entrada anterior, deixámosvos aquí dous vídeos do alumnado do colexio recitando a selección feita de poemas do libro "150 cantares para Rosalía de Castro". Libro dixital que reúne 150 poemas de escritores galegos inspirados noutras tantas estrofas de "Cantares gallegos".
Ademais o voluntariado de 6º de primaria elaborou uns carnés que repartirán ao alumnado que sexa capaz de comentar algo da vida de Rosalía ou recitar algún dos seus poemas ou estrofas.
De todo isto faremos outra entrada no blog proximamente.
Mentras aquí vos deixamos uns vídeos e páxinas relacionadas con esta data.
Despois dos mandados do Meco, chegou o venres de Entroido. E, como non, seguindo a temática do noso proxecto "Inventos de conto" tivemos que inventarnos o noso propio disfrace.
Debido á situación sanitaria actual, este ano os disfraces os confeccionaron na casa coa axuda das familias. Cada alumn@ inventouse o seu.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
O venres, como non podemos mesturar as aulas, desfilamos polo patio unha aula de cada vez e o resto do alumnado o viron por webex na pantalla das súas aulas.
Tamén fixemos caretas, antifaces e outras manualidades, e limos poesías do libro "É tempo de Entroido".
Aquí vos deixamos algunhas fotos e un vídeo resumo no noso Entroido.