domingo, 12 de maio de 2019

A FORMIGA FÓRA DO CARREIRO. Teatro. Actores, actrices e banda sonora alumnado de 5º e 6º

Ensaio na AAVV de Sampaio:
     XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR 
"A formiga fóra do carreiro" de RAQUEL CASTRO, publicada por Galaxia neste ano 2018 é a obra de teatro que o alumnado de 5º e 6º adaptamos para representar o luns 13  no auditorio do Concello de Vigo na Praza do Rei.
 Os compañeiros de Primaria asistirán de público así como pais e nais con invitación.
Acompañaremos a obra coa música en directo de flautas e xilófono. Música baseada na canción de Zeca Afonso: A formiga no carreiro que vén sendo a banda sonora desta obriña de teatro da escritora e mestra de secundaria Raquel Castro




Ánimo e sorte rapaces e rapazas!

Investiga e resolve estes puzzles

Lugares máxicos de Galicia
Fragas do Eume: A Coruña
                                       
      Bosque encantado:Cangas-Aldán. Pontevedra
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/cangas/bosqueencantado/

O carballo de  Montemaior-Laracha A Coruña
/www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2017/11/24/carballo-outeiro-montemaior-opta-arbore-senlleira-galicia/0003_201711C24C4995.htm


Ribeira Sacra: entre Lugo e Ourense
 https://www.rusticae.es/viajes/la-ribeira-sacra


 Mosteiros Medievais da Ribeira Sacra: San Estevo de Ribas de Sil

martes, 7 de maio de 2019

David Rodríguez García, músico, exalumno do cole visitounos coa súa marimba



Mestre do Conservatorio Superios de Música de Vigo, especializado en percusión, o seu instrumento é a marimba, trouxo á Biblio a súa primeira marimba aínda que ten outra moito máis grande. Tivémoslle que axudar entre todos para transportala. Ofreceu un pequeno  pero marabilloso concerto didáctico a todo o alumnado. Ao rematar  o alumnado de 5º e 6º fíixolle unha entrevista que poderemos ler no noso "Faro da escola".

 Moitas grazas David pola túa amabilidade e interés, demostrando que ademais de grandísimo músico que estudou no ensino público, eres unha gran persona que sabe compartir e que chega aos maiores e máis pequenos coa linguaxe integradora da música.



Fomos mariscar!


venres, 3 de maio de 2019

Visita ao CIFP Manuel Antonio

A visita do alumnado de 5º e 6º ao CIFP Manuel Antonio de Vigo comezou pola magnífica biblioteca do
centro na que había unha exposición homenaxe ao poeta Manuel Antonio.
Dentro do programa ATRÉVETE da Xunta de Galicia, este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espíritu emprendedor.







luns, 29 de abril de 2019

Lecturas compartidas e poemas para a festa dos libros

         Recitamos na Biblio estes poemas da lingua castelá:








E por último as recomendacións lectoras de todas as aulas: