mércores, 6 de decembro de 2017

Novembro mes da ciencia na Biblio Crocaio


A Biblio Crocaio tivo durante este mes a disposición das aulas, ademais da selección de libros de experimentos fáciles, a "CAIXA DA CIENCIA" que contén moito material do que se precisa para facer pequenos experimentos nas aulas. Contido da caixa: imáns, poleas, cinta métrica, dinamómetro, lupa, minerais variados, maizena, fairy, pementa, sal, e utensilios como culleres, probetas, pratos, globos, gomas elásticas, corchos, papeis de ph e outros materiais para facilitar a preparación de pequenos experimentos de ciencia nas aulas ou simplemente a manipulación da lupa, imáns... 
Esto propiciou experimentos coma estes:

-Fluido no newtoniano                                                -Pementa que fuxe                                      
 
EXPERIMENTA!!

domingo, 3 de decembro de 2017

6 de Decembro Día da Constitución

                                       Libro LIM para preparar o Día da Constitución
                                          A nosa Constitución cumple 39 anos!

luns, 27 de novembro de 2017

Visita do poeta FRAN ALONSO


Fran Alonso despois da súa marabillosa charla sobre A POESÍA, na que leu versos dos seus libros e falou das palabras, a maxia , o silencio e a música como as catro patas da poesía, as palabras aumentan de tamaño como un globo cando facemos poesía...despois da súa charla prestouse amablemente a contestar as preguntas dos nenos e nenas e enterámonos de que ten un gato chamado Tormenta e un can chamado Nube, de que viaxou moito e fixo moitas fotos coas que despois ilustraría os seus libros, que estudou nun cole no que "non tivo tanta sorte coma nós" porque non deu con ningún profe que o achegara a libros interesantes e a súa formación en lectura veu máis tarde, animounos a escribir poesía e dixo que a fórmula para facer bos poemas é facer moitos.
Moitas grazas Fran, gústannos moito os teus poemas!

                                                 






domingo, 26 de novembro de 2017

O poeta FRAN ALONSO visita o luns a BIBLIO CROCAIO

Por xentileza do programa Faro da Escola, este luns visitará a nosa biblioteca  poeta galego FRAN ALONSO para falar do seu libro O meu gato é un poeta de edicións Xerais

"Leo par a vivir máis vidas que os gatos"

Fran Alonso naceu en Vigo en 1963, combina o seu traballo nunha editorial coa súa faceta de escritor e sobre todo poeta, ten multitude de obras publicadas, moitas delas de poesía:
No seu libro O meu gato é un poeta, fai poemas divertidos   xogando coas palabras, coa imaxen dun gato que o acompaña ata o remate pero tratando temas coma o amor, o mar, as viaxes, a propia poesía...É un libro divertido para todas as  idades porque a poesía cura todo, os nervios, a dor de cabeza, as perrenchas...
Fran Alonso propón ao lector que xogue  coas palabras, que forme rimas e compoña versos, se vos atrevedes ....aínda estades a tempo de mercar o libro e traelo o luns para que o autor o asine.
Imaxes, palabras, rimas e xogos compoñen este libro divertido e fan que a poesía "como un globo azul que se incha " encha as palabras de significado e encha as aulas de versos...
             Palabras
 O
                        Esperanza        
 S
 Í
          AMOR


25 N en E. Infantil

25 N nas aulas de Educación Infantil

Contacontos voluntarias!