Amosando publicacións coa etiqueta NOVIDADES NA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVIDADES NA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de marzo de 2023

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Xa está pola biblio un novo número da colección de Tom Gates !!!









O último libro de Ledicia Costas da colección de Minimortos xa está dispoñible para préstamo!






Incorporamos á nosa biblioteca estas duas bandas deseñadas de ramón Veiga que son ideales para ler en parella. E ademáis, son divertidísimos!









A mellor enciclopedia de lobos feroces que verás e lerás!









Que xenial ter tantos libros!!!


luns, 23 de xaneiro de 2023

Novidades na bilioteca


Un libro de gran formato precioso no que apoiarnos no noso proxecto de Horta Escolar. Cheíño de ideas, de propostas, adaptado a nosa nosa contorna, aos nosos cultivos máis tradicionais. Explica dende o principio como levar a cabo unha horta, e logo vai estación por estación do ano, propoñendo as sementes e plantas máis axeitadas segundo a época do ano. E todo, acompañado cunhas bonitas ilustracións. 









Un libro para resolver dúbidas e deixar claro aspectos da adolescencia que poden resultar de interese. 





Adèle é sarcástica, irónica, malvada, mordaz, e cunha autoconfianza que xa quereriamos para nós mesmos e mesmas. Humor negro descarado! Sería una amiga xenial para Mércores Addams! Fixémonos para a nosa bilioteca con 3 tomos das súas historias. 







mércores, 18 de xaneiro de 2023

Novidades na biblioteca

 


Engadimos un título novo de Ariol que tiña varias desideratas dos alumnos. Unha colección que está gustando moito!


E engadimos outros dous titulos a nova sección da bilioteca para os máis maiores do cole e as familias. Cunha linguaxe cercana e clara,  con contidos esenciais, importantes, axeitados e oportunos.