O tempo de Nadal nalgunhas películas. Fermosas esceas de Nadal con panxoliñas, neve, bo humor, e todo o que poidamos imaxinar de maxia e fantasía que o cine crea para nós. Seleccionadas pola profe Inés para a Biblio Crocaio, para o noso proxecto do cine e para que disfrutedes con elas:
Xa é oficial!! Palabras de Caramelo / Words of Caramel nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Cortometraxe Documental. Noraboa a Juan Antonio Moreno Amador e Silvia Venegas!!
E como non ao seu autor Gonzalo Moure, que visitou a Bibliocrocaiono ano 2014. Alegrámonos moito desta nominación , e aínda máis de que esta obriña da literatura infantil e xuvenil se convirta nunha curta cinematográfica. Se queredes volver a ler ou ler por vez primeira o libro , aquí tedes o pdf coa obra completa, asegúrovos que vos vai gustar moito!
Hora e media que se quedou curta , foi o tempo de charla do especialista en cine, director, actor e monitor de obradoiros sobre cine:Óscar, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos. Comezamos co cine mudo de Buster Keaton. Sobre esceas deste actor foi contando as distintas profesións que se precisan para facer unha película, coa axuda dos nenos e nenas falounos de perruquería, maquillaxe, efectos especiais, decoradores, cámaras,travelling, músicos, actores e actrices por suposto, e de outros máis descoñecidos e moi importantes como os montadores e os especialistas en esceas peligrosas. Comezamos moi ben!