luns, 7 de novembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Na bibliocrocaio temos a varios fans dos traballos de Jorge Campos que nesta ocasión tráenos un cómic perfecto para o noso proxecto de montañas. 






Algúns alumnos/as dos últimos cursos devecían por incluir na biblio dalgún manga. E "Yotusuba" e "Dulce hogar de Chi" son ideales para iniciarse neste incrible mundo da cultura xaponesa que de seguro van ser todo un éxito. 






A sección de cómic é a máis demandada estas semanas así que ampliamos!!!

Estas historias son tronchantes! Solo dicir do que van: Un rato, unha bombilla e unha caca que están perdidas polo espazo! Escoitastes ben!!!  De seguro que vai a gustar moito. 




E divertidas son tamén as historias de Avni, cheas de tenrura, pero tamén de travesuras.





Tamén chegou á Biliocrocaio o último número dos diarios de Cereza que xa ten lista de espera!



Axiña chegarán máis novidades!! Desfrutade la lectura cabuxiñas!!



venres, 4 de novembro de 2022

mércores, 2 de novembro de 2022

Samaín 2022

 O venres 28 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Houbo túnel do terror, decoracións feitas polas familias, moitos disfraces, doces e merendas monstruosas, manualidades, bailes e contacontos, esta vez feitos por varios mestres e mestras do cole. Ademais fixemos entrega dos premios ao concurso de curtas realizadas polos alumnos/as coas familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!


















Podedes ver na web do cole os vídeos que nos enviastes. Foron todo un éxito e aos peques encantáronlles!

E se clicades aquí podedes ver máis fotos e vídeos dese día.