martes, 21 de marzo de 2023
luns, 20 de marzo de 2023
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
Xa está pola biblio un novo número da colección de Tom Gates !!!
venres, 10 de marzo de 2023
FAI CLIC AO TEU BOCATA
Tivemos un obradoiro para todo o alumnado en colaboración coa Consellería do Mar, sobre a alimentación saudable e a importancia do peixe na nosa dieta. Faláronnos das bateas e da elaboración das conservas de peixe. Ademais, fixemos xogos, vimos uns vídeos, nos explicaron un montón de cousas e agasallaron aos peques cun portamerendas para cada un. E como colofón, un bocadillo! Cos ingredientes ao seu gusto!
8M DÍA DA MULLER
Mural, exposicións, charlas, concurso, pasapalabra, teatro, títeres, vídeos...!! Unha xornada moi completa!!! Unhas fotos para que vexades cantas cousas chulas prepararou o noso alumnado. Mulleres fortes, valentes, atrevidas, pioneiras. Mulleres vulcanólogas, paleontólogas, montañeiras, xeólogas, activistas en defensa dos animais...