sábado, 25 de febreiro de 2023

11 febreiro. Día Internacional da muller e a nena na ciencia.

 Cristina Fernández González, oceanógrafa e doutora en ecoloxía de Fitoplancton, visitou a biblicrocaio, para falarnos das súas experiencias como investigadora, das súas expedicións oceanográficas, os seus mergullos, as visitas aos lobos de mar; tróuxonos vídeos e algunha sorpresiña máis feita a máis de 5.000 m de profundidade.  Deixounos unha reflexión, a brecha de xénero que segue a existir no mundo profesional da ciencia e convidou ás nenas a que tiveran pulos e forza se a ciencia é o seu camiño. 







Entroido

 


mércores, 15 de febreiro de 2023

13 febreiro. Día Mundial da Radio.

 Os maiores do cole celebraron o Día mundial da Radio, da mellor maneira posible: facendo radio en directo! Para iso foron ata as instalacións da Universidade de Vigo. Gazas aos integrantes de Ponte nas Ondas!

Aquí tendes o enlace para poder escoitar o seu traballo.

http://escolasnasondas.com/#1675871988065-063acf4a-cb3b





11 febreiro. Dia da muller e a nena na ciencia.

 





O cole anotou aos maiores do cole para que puideran desfrutar duns obradoiros de ciencia organizados polo Concello de Vigo que tiveron lugar no Verbum. Viñeron moi contentos ensinando algunhas das cousas que fixeron. 





Froita e leite na escola

Estas semanas temos para os recreos froita e leite. Fixemos dítpticos, vídeos, fomos polas clases a divulgar as virtudes de todas as froitas que trouxemos, aprendimos sobre o proceso de elaboración do leite, e estamos a participar nos retos leitereiros. 


















Fósiles

Outro aspecto máis que estivemos a traballar dentro do proxecto Montañas, Cabuxas do Pondal! Os fósiles!















 

Charla Protectora Os Biosbardos

Hoxe, mércores 15 de febreiro, tivemos charla da Protectora Os Biosbardos. Foi unha charla na que as voluntarias que nos acompañaron amosaron o seu amor, respeto, e dedicación aos cans, cadelas, gatos e gatas ás que dedican o seu tempo e paixón de forma incondicional. Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado que de seguro deixou unh pegada.  Aquí tendes a súa páxina web por se vos apetece saber máis, aportar, acompañar ou divulgar. 
Moitísimas grazas pola vosa visita.