xoves, 1 de decembro de 2022

25 N

 








NOVEMBRO. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Celebramos novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas con obradoiros durante os tres últimos día de novembro. Cada clase preparou un obradoiro para presentar ao resto dos grupos do colexio. Como lles gusta ir polas clases!! E como lles gusta que as outras clase vaian de visita pola súa!!
Foron unhas sesión cheas de aprendizaxes, de nervios tamén. Falar en público é todo un reto. Paga a pena o traballo vendo as súas caras de orgullo, de satisfacción e de querer amosar todo o que saben. Desfrutamos un montón!
Deixamos un pequeno vídeo cunha pequena escolma de fotos para que poidades ver a morea de actividades que fixemos xuntos. 











mércores, 23 de novembro de 2022

CHARLA DE SECHU LÓPEZ

 Hoxe tivemos no cole unha visita moi especial. Carmen, presidenta do club Montañeiros Celtas de Vigo presentounos a un dos seus socios máis relevantes, Sechu López, que nos deu unha charla enmarcada dentro do noso proxecto de montañas. 

Sechu fixo un recorrido pola súa vida deportiva que os peques desfrutaron un montón. Contounos como foron os seus inicios no mundo do deporte xa dende os seus anos de colexio, e relatounos algunhas das súas principais expedicións, os 8 miles máis espectaculares, coas súas anécdotas, medos, risas, compañías... Non reparou en contarnos os seus momentos altos e baixos, ao igual que nos emocionou coas súas novas ideas, os seus futuros proxectos, transmitindo tanto aos peques coma ao profesorado e súa fortaleza.

Respondeu a todas as preguntas dos nenos e as nenas e iso que foron moitas! Canto máis sabían máis cousas querían preguntar!

Grazas por aceptar a nosa invitación  e por compartir coa rapazada as vosas experiencias e vivencias !!! Foi unha charla chea de coñecementos e de valores para o noso alumnado.

Moitas grazas!

Cabuxiñas do Pondal! Se queredes acercarvos ao incrible mundo da montaña, Montañeiros Celtas, ofrece actividades para facer en familia ou para facer con outros nenos da vosa idade, desfrutando da natureza e facendo deporte. 

Aquí tendes algunhas fotos da charla!






















STORYTELLING

 Marta, a auxiliar de conversa, na sesión de contacontos en inglés na celebración do Thanksgiving. 




MOMENTOS DE BIBLIOTECA NOS RECREOS.