sábado, 5 de xuño de 2021

5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

O 5 de xuño de 1974, a Organización de Naciones Unidas (ONU) organizó a primeira gran conferencia de su historia sobre medio ambiente cunha loita ecoloxista. Tres anos máis tarde a ONU nomeou o día 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. Esta data convertiuse nun símbolo ecoloxista. Cada ano celébrase baixo un lema diferente que reivindique problemas e solucións frente á emerxencia climática: desertización, deshielo, consumo sostible, economía verde... e un país é o anfitrión do evento. Este ano é Pakistán, que fixo un gran esforzo para reforestar e que planea plantar 10.000 millóns de árbores nos próximos cinco anos. 

O Día Mundial do Medio Ambiente 2021 céntrase na restauración dos ecosistemas baixo o lema "Xeración Restauración: reimaxina, recrea, restaura"

ONU Medioambiente publicou esta guía práctica onde explica como podemos contribuír para restaurar o planeta. Pinchade no manual.


O noso colexio contribúe ao longo do ano con medidas como: a nosa horta ecolóxica, temos Voz Natura, o coidado das árbores, algunhas das cales prantamos fai un par de anos, o reciclaxe de papel e plástico, elaboración de manualidades con material reciclado...









Relacionado co lema deste ano da restauración dos ecosistemas, o alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron un estudo e recreación en plastilina de distintos ecosistemas.





Ao longo deste curso e como proposta do EDLG, fixemos un proxecto sobre as árbores do noso colexio e puxémoslle a cada árbore un código QR que enlaza coa investigación feita por cada aula da súa árbore.

Por último deixamos algúns exemplos de libros da nosa Bibliocrocaio sobre o coidado medio ambiente.





xoves, 3 de xuño de 2021

Contacontos Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo

Este luns infantil, 1º e 2º de primaria recibiron a visita de Mar, contacontos da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo. 

Como este ano pola situación sanitaria non puidemos ir á biblioteca municipal fixeron eles a visita ao noso colexio.

Mar, partindo do libro Villanos, narrounos contos todos eles baseados nos persoaxes máis famosos dos contos, como a bruxa, o ogro, o lobo...



Estes son algúns dos que nos narrou:

¡Si no comí nada!
Guapa
Nombre de ogro
¡Qué llega el lobo!
Os tres porquiños







Moitas grazas Mar, encantáronnos os teus contos!

sábado, 29 de maio de 2021

Encontro virtual coa escritora Antía Yáñez

Este xoves o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla virtual coa escritora Antía Yáñez, autora de Plan de rescate, libro que Papá Noel lles regalara por Nadal, e que estiveron traballando estes meses. Fixeron traballos de investigación sobre a súa biografía e sobre os persoaxes.

Antía Yáñez naceu en Burela, obtivo o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade por Plan de rescate no 2019.





Argumento: Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que via comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate par vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, traballo en equipo e mesmo algo de amor.




Os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixéronlle distintas preguntas. Ela comentou que sempre quiso escribir unha historia de aventuras onde os protagonistas foran persoaxes con necesidades especiais pero que non tratese en sí delas. 




Tamén dixo que para escribir hai que ler moito e revisar e revisar os escritos.


Moitas grazas Antía por compartir o teu tempo con nós!

sábado, 15 de maio de 2021

Cómics elaborados con poemas de Xela Arias

Como comentamos nunha entrada anterior, dende o EDLG propúxose unha serie de actividades partindo do libro Darío a diario de Xela Arias.

Unha delas foi a elaboración de cómics, partindo dunha aplicación, feitos con fotos do alumnado das distintas titorías. Completouse con versos en cada viñeta correspondentes a un poema elexido para cada titoría de dito libro. O resultado foi moi orixinal e motivador.

Ademais fíxéronse gravacións de audio de ditos poemas recitados polo alumnado.

Aquí tedes os resultados.





3 anos



4-5 anos




1º-2º primaria



3º-4º primaria



5º primaria



6º primaria


A aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro comparte un conto co noso colexio

Esta semana a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, co que compartimos contos elaborados polo voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria, quiso tamén compartir con todo o noso alumnado este kamishibai narrado pola encantadora Lola. 

"Feliz feroz, o lobiño riquiño"

Moitas grazas a Lola e todo o equipo docente!!

Aquí tedes o enlace ao blog da aula hospitalaria e á entrada desta actividade.

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/

https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/2021/05/kamishibai-na-casa.html


xoves, 13 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas. Xela Arias.

O 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas, dedícase á escritora, poeta e tradutora Xela Arias



Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria, Lugo. Alí pasou os primeiros anos da súa vida, onde seu pai era mestre de primaria. Despois viviu en Vigo, onde destinaron ao seu pai. 

Cando tiña once anos gañou o VI concurso de contos infantís O Facho da Coruña, co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia




Foi escritora, poeta, tradutora e profesora en varios institutos galegos. Cando naceu o seu fillo adicoulle o libro Darío a diario, libro de poemas sobre o que estamos a facer actividades para o Día das Letras Galegas, propostas dende o Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG).





Tamén estamos a traballar con este encantador libro:



"A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha narrativa emocional dunha infancia que se proxecta vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Xunto ao traballo dunha grande ilustradora como é Luz Beloso".
Outros libros de poesía destacados de Xela Arias son Tigres como cabalos, Denuncia do equilibrio, Intempériome.
Xela tamén traballou en edicións Xerais de Galicia.

Xela Arias traduciu ao galego moitos libros como As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Rodari e moitos outros.
Faleceu en Vigo o 1º de novembro de 2003, aos 41 anos.

Tedes máis información sobre Xela Arias nestes enlaces:

6º de primaria incubando ovos.

Que mellor invento que unha incubadora para dar vida a uns pitiños. Grazas ao colexio pola compra dunha incubadora e un ovoscopio, o alumnado de 6º de primaria observou, investigou, emocionouse e desfrutou durante dezaoito días coa incubadora, tres días coa nacedora e cinco coa criadora. Todos estes inventos xunto co ovoscopio fixeron posible o nacemento de catro pitiños que encheron de ledicia a todo o colexio.

Pinga, Dobi, Neve e Ce, pitiños de raza piñeira naceron os pasados 6 e 7 de maio, logo de 21 días de incubación. Onte, 12 de maio, despedímolos xa que marchan á granxa de Mondariz onde viven as súas nais e pais.

Todo foi posible grazas ao traballo feito polo alumnado de 6º de primaria e á inestimable axuda da súa titora Ana e a mestra Ángeles F. titora de 3 anos , que vixiaron nas horas non lectivas que humidade e temperatura foran as correctas, incluídas nas fins de semana, así como a colaboración do persoal de limpeza.







100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán

Este mércores cumplíronse 100 anos da morte da novelista, dramaturga e poeta coruñesa Emilia Pardo Bazán, nacida o 16 de setembro de 1851 e que faleceu o 12 de maio de 1921. Pasou a súa infancia entre bibliotecas. Foi unha precursora nas súas ideas sobre os dereitos das mulleres e o feminismo.

Na Bibliocrocaio podedes ler este libro sobre a escritora.


Resumo
"Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre..."
María Xosé Queizán, autora do libro, convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán, gran narradora e pensadora galega,  e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida.