domingo, 28 de febreiro de 2021

Actividades feitas polo Día de Rosalía de Castro

Como xa vos comentamos na entrada anterior, deixámosvos aquí dous vídeos do alumnado do colexio recitando a selección feita de poemas do libro "150 cantares para Rosalía de Castro". Libro dixital que reúne 150 poemas de escritores galegos inspirados noutras tantas estrofas de "Cantares gallegos".

https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2019/11/150_Cantares_para_Rosalia-OK.pdf






O voluntariado de 6º de primaria repartiu a todo o colexio os carnés que elaboraron, co lema:

"Eu coñezo e recito a Rosalía de Castro"









mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

Hoxe día 24 de novembro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.




Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propónse dúas actividades para este día e que as levaremos a cabo ata o venres.

En primeiro lugar baseándonos no libro 

" 150 Cantares para Rosalía de Castro"

e despois de feita unha selección, traballamos por niveis distintos poemas.



https://rosalia.gal/que-facemos/publicacions/


Ademais o voluntariado de 6º de primaria elaborou uns carnés que repartirán ao alumnado que sexa capaz de comentar algo da vida de Rosalía ou recitar algún dos seus poemas ou estrofas. 

De todo isto faremos outra entrada no blog proximamente.

Mentras aquí vos deixamos uns vídeos e páxinas relacionadas con esta data.

https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5




martes, 16 de febreiro de 2021

Venres de Entroido. Grazas familias.

Despois dos mandados do Meco, chegou o venres de Entroido. E, como non, seguindo a temática do noso proxecto "Inventos de conto" tivemos que inventarnos o noso propio disfrace.




Debido á situación sanitaria actual, este ano os disfraces os confeccionaron na casa coa axuda das familias. Cada alumn@ inventouse o seu. 

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

O venres, como non podemos mesturar as aulas, desfilamos polo patio unha aula de cada vez e o resto do alumnado o viron por webex na pantalla das súas aulas.




Tamén fixemos caretas, antifaces e outras manualidades, e limos poesías do libro "É tempo de Entroido".




Aquí vos deixamos algunhas fotos e un vídeo resumo no noso Entroido.











luns, 15 de febreiro de 2021

Chega o Entroido. Mandados do Meco dos inventos.

Os días 8, 9, 10 e 11 de febreiro seguimos os mandados do Meco elaborados polo voluntariado de 6º de primaria, e así de ben cumprimos con eles.



                                 


Luns: colar de flores








Martes: televisor no pé




Mércores: bombilla na cabeza












































Xoves: muíño na man

























































11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. ODS da Axenda 2030. Voluntariado en acción.

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta data estableceuna a ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía, e así ter unha participación equitativa na ciencia e lograr a igualdade de xénero.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030.

O voluntariado da nosa Bibliocrocaio fixo varias actividades para traballar esta data: 

O alumnado de 6º de primaria presentounos algúns dos libros cos que poder traballar, investigar e ler nesta data e que están na nosa biblioteca.





Tamén investigaron e buscaron información escoitando audios de historias biográficas de mulleres científicas da páxina do CSIC.

Este é o enlace por se queredes saber máis.

Cuéntame cómo dedicarme a la ciencia




O voluntariado de 5º de primaria traballaron con estes dous libros e investigaron buscando información sobre mulleres científicas. Fixeron un mural con algunhas delas.










O resto das aulas tamén traballaron este día. 
O alumnado de 3º e 4º de primaria leron as biografías de Jane Goodall e de Marie Curie.



En infantil leron e falaron sobre o libro "Las chicas pueden con todo"


sábado, 13 de febreiro de 2021

Día da Ilustración

Aínda que despois do Día da Paz, estivemos xa iniciando a preparación do Entroido, queremos lembrar o Día da Ilustración que tamén celébrase o 30 de xaneiro. 

Esta data coincide co día do nacemento de Castelao. Unha data para recoñecer o valor dos ilustradores e ilustradoras, que enchen de vida as páxinas dos libros e contos cos seus debuxos e imaxes.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, quere recoñecer o traballo dos ilustradores e ilustradoras ao longo de 13 anos de creación dos carteis anuais para as nosas bibliotecas escolares, e que cada ano temos nos nosos centros educativos.

Aquí vos deixamos un vídeo de Bea Lema, ilustradora e creadora do cartel deste curso, explicando como o fixo.